Breve antoloxía da poesía galega de 90: Marta Dacosta (II)

MARTA DACOSTA. Vigo, 1966.Mostran seus textos unha postura existencialista que transcende o individual para atinxir o colectivo. Na súa valorización, a vida fica bañada por un sentimento de xeral frustración, en que o silencio humano parece irmán dunha Natureza en ruínas. Así, a evocación do telúrico decrépito é orixe e reflexo dunha vida de angustias, dun destino cruel.
Mais unha mensaxe tal, que podería fundamentar unha actitude de pasiva carpideira, entra en confronto co ton bárdico que a forma verbal fornece. O verso utilizado, de longo período rítmico e poderosa “melodía”, sitúanos perante unha actitude creativa de autora épica, a través da cal os poemas, en xeral non narrativos, parecen querer relatar un sofremento xordo e constante. É un verso que ofrece unha palpábel “musicalidade”, que evidencia unha ferramenta conscientemente usada con destreza.
O resultado son textos de grande solidez, tanto polo poder do seu período rítmico completo canto polo recheo semántico, que parecen nacer dun abafante existencialismo colectivo.De Crear o marp. xxxiv
Ten cores o silencio de cristal perfumado
de recendos terreos baixo cándidas nubes.
Cores transparentes no clarear das luces,
no alborexar do día continuo fronte á noite.
As cores do silencio son aves imponentes
que baixo o ceo límpido axexan nas distancias,
son aves silenciosas nas caladas ruelas
de cidades antigas e portas derrubadas.

p.xii
Quixera arrincar do fondo da miña voz
a verdade que precisa a miña man anguriada,
a verdade que busca desde os séculos da nada,
cando aínda existía a esperanza do perfecto.
E a voz quedou parada no silencio da noite,
no pracer da ribeira, na luz salgada e lene,
nas areas da praia, nas distancias dos argazos,
nos vos crepusculares dos corvos cara ás illas.
E é a miña voz a do sal que gallopa nas ondas do mencer
cando o sol é un neno e a penas agabea,
e da area que sofre a distancia do mar
e se queima na anguria dun futuro constante.
A do vixía de Corme esculcando o horizonte,
ou da fada Basoñas que non cantara o vate,
a da muller que corre no mencer á Ribeira,
a da muller que sabe das derrotas que a esperan.
Tamén teño unha voz para falar cos teus ollos
no silencio dos días que transcorren veloces,
para berrarmos xuntos cando todos se dormen
e facelos amar esta terra que cobren.

p. xxvi
Non, eu non son quen de erguer a miña voz
e proclamar que podo facer versos,
se a penas sei ollar en cada tarde
as cores que todos chaman ceo.
Teño mans de labrega e só sei certo
levantar o legón sobre as palabras,
sachalas a destempo, desfacelas,
partilas en anacos,
derramalas.
As metáforas foxen destas liñas
que se quebran a cada novo intento.
Non, non son quen de erguer a miña voz,
o meu sacho contra os vosos versos.

p. xliii
Pousaron lentamente as gaivotas nas ruelas,
no lento alborexar a vila pertencíalles,
silencio era albo coma os seus claros peitos.
Confundidas as ás coas pequenas paredes,
os seus chíos eran bágoas de nubes candorosas,
prestas a abandonar as ruelas silentes.
A escuma do mar rompía nas praias pétreas da vila,
mais o sal fuxía logo.
E de novo o sol buscaba arrancados argazos
inencontrables sempre sobre a pedra da vila.

p.lxi
Un poema de sangue non se fai nun minuto,
coma guerra que estoupa, enxéndrase nos anos,
cada dorido golpe arrinca do granito
das nosas mans as liñas que denuncian palabras.

Cada palabra un golpe e cada letra sangue,
cada paso na frente un século de ira,
cada morte de home, esperanza prometida
con base no vento que lle levou a fala.

E estes os alicerces da débil poesía;
estes os cimentos en que non construímos nada;
para que estas vigas de pesados cadáveres,
para que ser fillos de guerras acabadas.

De Pel de ameixa

p. 15
Somos de luz, de vento, de miseria,
breves camiños na distancia dos días,
pedras de sal esquecidas nas rúas
silenciadas e lentas.
As horas non son. Non abondan os pasos
e os ollos sumados tan só ven unha noite,
levamos nas mans as flores do pasado
que non duran o instante que as percorre.
Somos de luz, de vento e de miseria
breves camiños de sal nas rúas ermas.

p. 19
E entón naceu abril aterecido e húmido,
a agardar a derrota dos poemas vencidos.
Os homes somos voces
silenciadas e escuras
que a penas marmuramos das loitas que perdemos.
Tal vez a covardía sexa a bandeira nosa, tal vez
esta postura sexa o noso partido,
tal vez sexamos só tristes e conformistas,
coitados receptores de déspotas destinos.

Share

1 comment to Breve antoloxía da poesía galega de 90: Marta Dacosta (II)