Pedro Silva: grazas

O levantador nunca tiña atopado tantas minas até que se instalou no teu ecosistema. Se fosen outros tempos, falaría do teu espírito vangardista. Hoxe teño que soportar a frialdade do adxectivo “tecnolóxico”. De calquera modo, representas para min un deses exemplos de galegos que conviven positivamente con todo o que socialmente aínda non puidemos limpar da mente. Ti debes saber que o pasado chorimiqueiro da Galiza debe ser o abono e a humidade dese futuro que nos agarda impaciente.

Share

3 comments to Pedro Silva: grazas

  • Trátase de recoñecer, até onde podemos, o que somos, comprendendo o que fomos e sobre todo o que queremos ser. Sen utopía non hai rumbo, e aínda que o destino poda non ofreder os tonos que imaxinábamos para nós debemos ter presente que as actitudes positivas conducen aos mellores portos.

  • concordo con vde: sobre as lágrimas ancestrais e as raíces, as flores e follas máis vizosas.