O día a día das rúas do Brasil, no Libro de notas

Cando a dirección de Libro de notas puxo en marcha a sección de “Cartas desde…” coa seguinte definición:

Cartas desde… es un intento por recuperar el espíritu de las corresponsalías epistolares de la prensa decimonónica, más subjetiva, más literaria, y que muestre una visión distinta y alternativa a la oficial de Agencias”

pareceunos un acerto máis. Solicitóusenos entón algún nome que puidese defender unha corresponsalía en Portugal e procuramos alguén con criterio humano, profundeza ideolóxica e vara de aguillón na man, e, desde logo, cun castelán polido. Non atopamos, infelizmente, alguén en Portugal, mais dous nomes galegos xurdiron no Brasil, Xoán Carlos Lagares e Filipe Diez, que nos fixeron propor a apertura, na altura, das Cartas desde Brasil. Así fixo LdN, co apurado criterio que o caracteriza, e así nos orgullamos de ter axudado a que nos ofrezan estes amigos, periodicamente, tan fermosos contributos desde a lusofonía ultramarina. Parabéns aos cronistas e ao LdN, e que perdure o ánimo de establecer pontes entre o bon e o ben feito.

Share

Comments are closed.