Teresa Moure e Diego Ameixeiras “escriben nun idioma ao que non lle ven futuro”

No suplemento Culturas de La Voz de Galicia aparece hoxe unha ampla reportaxe sobre estos dous autores de moda. Aínda que o titular é do máis atraínte: “Hai demasiados clixés sobre a figura do escritor”, non atopamos máis que as súas reivindicacións a vestir como lle parece a un e a ser feminista ao seu xeito a outra. No entanto, onde máis espectativas se me xeran é no subtítulo: “Teresa Moure e Diego Ameixeiras intentan ir por libre no universo da novela galega: rexeitan a reivindicación dun «sistema literario» e dunha cultura con maiúsculas”. E logo me sinto frustrado, porque no artigo non se fala do asunto. Se o que quería o xornalista era que lese o artigo, conseguiuno, mais tamén me quedo co seu nome: Jesús Flores.

Mais onde o texto xornalístico atinxe as cotas do despropósito é nun apartado especial encabezado con “Escriben nun idioma ao que non lle ven futuro”. Esta parte non só é desoladora, pondo en boca de autores de literatura galega de éxito os máis fúnebres comentarios sobre a lingua, senon que parecen confundir (ou ao menos o xornalista o dá a entender) realidade social con verosimillanza literaria, cando din que “se este [sic] personaxe fose máis novo [sic] ou de extracción urbana, o feito de colocarlle un diálogo no idioma do país chiaría bastante”. Por favor, déixense de consideracións tan politicamente correctas como “o idioma do país”. Se falamos a serio, recoñezan que non lles pega que determinadas franxas de idade en contexto urbano falen galego, e que neses casos o idioma do país é o castelán. Menos circunloquios e a meter as mans na masa, que para iso as meten na literatura, e en galego. Así, segundo parece, Diego “recorda que falar galego nunha cidade como A Coruña e en boca dun trintaneiro urbano como el resulta chocante en moitos contextos.” Vaia, pois que non o faga, que fale en neutro se non lle interesa chocar.
Logo opinan que o uso litúrxico do galego fai moito dano, así como a atitude demasiado militante dos falantes urbanos. Meu deus dos ateus! Non podo pensar que estes dous escritores teñan dito isto así, criticando tan inconscientemente a xente que na cidade fala galego con vinte, con trinta, cos anos que sexan. Os problemas do galego non poden vir da existencia de galegofalantes irresponsábeis nas cidades. Que ligar como un máis neste contexto falando galego e con trinta anos marca ideoloxicamente a pretensión? Evidentemente, porque se dan poucos casos e parece levar a cuestión, que non deixa de ser arranxar unha noite louca, un pouco polo camiño da política. Mais nin sempre é así. E se queremos superar a aparente falta de verosimillanza cando nunha novela vencellamos xuventude, galegofonía, urbanidade e século XXI non temos máis que agardar a que a obra se traduza a outros idiomas e o problema será máis ridículo aínda que provinciano.

De calquera modo, quero pensar que estes autores ofreceron moito máis nesta entrevista do que o autor do texto foi capaz de estragar.

Share

24 comments to Teresa Moure e Diego Ameixeiras “escriben nun idioma ao que non lle ven futuro”

  • […] 5) Finalmente, varias opinións son apresentadas en aglutinación algo confusa, moitas delas gratuítas de dificilmente defendibles, contradictorias e superficiais, que non pretendemos comentar. É posíbel que no final da reportaxe se teñan amontonado as citas das entrevistadas, como unha necesidade de deixalas falar máis, e o resultado teña sido influído pola présa, facendo baixar o nivel do traballo xornalístico, que sen dúbida é moito mellor que outros que nunca poderemos deixar de esquecer. […]

  • Non sei se o galego ten máis enemigos ou máis falsos amigos, e neste sentido concordo en que hai que relativizar un pouco e non cuestionarse se estamos suficientemente comprometidos. Cada un que apoie á súa maneira, coas etiquetas que queira, e sen responsabilizar nin a si propio nin a ninguén dunha situación que está imbricada por tantos aspectos. E, desde logo, se podemos dicir que a nosa cultura ten futuro é porque confirmamos que ten presente neste mesmo momento en que estamos a comunicarnos e Rivas, Ameixeiras e Moure, entre outros, están a publicar.
    “Mañán”, como dicía un amigo dun amigo meu, “vai caer un meteorito e vai esmagar a Terra”. Así as cousas, comprométase cada un conforme ao seu criterio e organicemos o territorio común na medida do posíbel, mais non carguemos ao lombo pesos que non podemos nin debemos levar. Se ben o camiño é longo o seguinte paso sempre está diante de nós, ao noso alcance.

  • Pablo

    Pois estou de acordo no que dis. Sen embargo, a percepción que eu teño dende Vigo é un pouco distinta. Percibo se cadra máis a perda do idioma entre os mozos, como se se manifestase para min máis a botella medio baleira. Se cadra porque penso que non estamos facendo todo o necesario, ou porque cada vez creo máis que tendo o idioma algúns amigos que ten, non fan falta enemigos. Tal vez o que me pasa é que non son nacionalista e pelexo tranquilamente pola normalización. Ás veces penso que teño unha certa vantaxe sobre os falantes activos-activos ;-): a distancia necesaria que me dá considerar o uso de idioma como unha cuestión fundamentalmente democrática, sen esencialismos de ningún tipo, sen que iso non me impida meterlle sentimento á cousa.
    Férveme (moderadamente) o sangue ver os xuízos de intencións dos que -interesadamente dun xeito ou doutro, penso- poñen a lingoa a pastar falando de Moure e Ameixeiras, dándolle , paradoxalmente, unha importancia que -canto menos polo de agora- non teñen, porque non poden tela. Xa veremos o que dan de si… en todo caso -canto menos no caso de Ameixeiras- estou certo que atraerá algúns lectores novos ao galego. Algúns deles non léron nin lerán nunca a M. Rivas.

  • Comprendo o que dis, Pablo, mais penso que certos argumentos que presentas non teñen un valor tan xeneralizado. Si, desde logo, no segmento da sociedade con estudos e, digamos, ideoloxicamente activa. Esa facción facilmente se manifestará no ámbito da internet e se dará esa identificación político-lingüística da que falas; canto ao uso retórico presupoño que te refires ao feito de mostrar deliberadamente usos de lingua pouco habituais, o que provoca un distanciamento intelectual con moitos ouvintes.
    Porén, se me permites a matización, eu diría que este sector da sociedade é aínda minoritario e que se pretendemos falar de toda a sociedade temos que considerar outra a grande maioría dos galegofalantes. Refírome a todos aqueles que, sendo maioría, falan galego simplemente por ser común no seu ámbito habitual. Eu, por exemplo, que respondo ao tipo que ti referías en primeiro lugar e que traballo nas aforas da Coruña nunha moderna fábrica con máis de cen persoas, observo que o noventa e nove por cento dos traballadores (nunha media de idade arredor dos trinta, precisamente) falan galego non por outro motivo que por estaren desde sempre instalados nel. Se ben é certo que a influencia urbana gaña terreno neste sentido estendendo o castelán, aínda a situación é clara no sentido que digo. Ao mesmo tempo é fácil de entender que alguén que se criou cunha grande influencia do castelán e que despois decida apoiar o uso do galego deixe moi marcado que lle resulta unha posición política relevante, se temos en conta que representa un esforzo extra saír ao mundo coa bandeira da disidencia. Porque hai que recoñecer que defender que o galego debe estar á altura do castelán en todo aínda resulta de facto unha actitude militante. Por iso é certo que moitas veces, como di Ameixeiras, saibas que podes resultar chocante usando o galego cun ligue na Coruña, por mostrarte militante, digo eu, en vez de mostrar unha personalidade aguda e penetrante.
    Claro que ti te referes principalmente aos galegofalantes “activos” (ideoloxicamente), e aínda direi que se ben hai torpes como en todas as partes tamén os hai con grande pericia, que son os que eu pretendo imitar: xente que traballa na FP fóra da cidade, de comercial por toda a Galiza, etc, e que tratan de comunicarse do xeito máis directo que poden cos seus paisanos, usando o galego como o que é: unha ferramenta viva e útil para a comunicación.
    Debemos, e creo que ti tamén opinarás o mesmo polo que comentas ao final, ser máis cautelosos que esa xente que só sabe chamar a atención usando o aguillón. O traballo, o literario como o outro, hai que facelo e só os que non saben o que é con tanta facilidade se atreven a desprezalo.
    E por último, direi que non vou mudar en nada a respecto do uso do galego tanto se ten futuro como se non. O presente é meu, é noso, é a única nosa responsabilidade.

    Estou dacordo contigo levantador, especialmente no derradeiro parágrado do teu último comentario.
    Ademais entendo perfectamente a que se refire Moure cando fala da actitude excesivamente militante de boa parte dos falantes. Uso retórico e identificación política dos falantes son dúas eivas no camiño da normalización (mási a segunda que a primeira, para min). A identificación (e ás veces mesmo a esixencia explícita -léanse senon algúns foros-) entre idioma e posición política nacionalista é un feito, tanto de dentro para fóra (do nacionalismo á sociedade) como de fóra para dentro (da sociedade ao falante). Ti falas galego = eres do BNG. E agora aínda pior: hai quen está empeñado en identificar o reintegracionismo co “nacionalismo auténtico”… internet é, neste sentido, unha mina para demostrar palpablemente isto.
    A outra gan eiva, para min, dos galegofalantes “activos” é a súa falta xeral de “habilidades sociais”: de tanto moverse nos mesmos pequenos círclos, acaban pensando que o mundo comeza e acaba neles. Ler a algún foreiro por aí negar a evidencia, da que fala Ameixeiras na entrevista, da perda de falantes mozos nas cidades é confundir o piso de estudiantes de Santiago co mundo.
    En isto da entrevista a Moure e Ameixeiras (ademais dunha incríble cara dura cando aínda, que eu saiba, non está publicada a novela gañadora do Xerais) hai unha alta concentración dese vello vicio de matar ao mensaxeiro.

    Non hai que rasga-las vestiduras por dicir que escriben nun idioma ao que non lle ven futuro. Será casualidade pero hoxe mesmo, El País publica unha entrevista con Javier Marías, escritor e académico da Española, que se encabeza co titular “Veo un mal futuro para el español”… pero el non leva patillas.

  • Kaplan: é terríbel esa posibilidade que sinalas de que algúns medios fomenten unha idea do galego como algo innecesario. Será que o esforzo feito até agora está a levar o galego a unha posición nova, con máis relevancia que antes? Estará isto vencellado coa subida ao poder de faccións galeguistas que pretenden tomar a cultura galega a serio? Isto evidentemente desprazaría nestas sete parroquias o cu dalgún para a periferia. Tal vez haxa algo disto porque hoxe en día ser moderno e famoso na Galiza pasa por ser galeguista dun xeito ou doutro?
    Ao fío disto, Cau, non será que a vontade de abandonar os nosos complexos culturais está más acesa que nunca e próxima a dar frutos? A maioría da xente, que en determinados aspectos só pretende “ser como a maioría”, pode sentirse atraída por unha nova moda que supoña valorizar as raíces familiares en lugar de fuxir delas como símbolo de miseria: a casa da aldea (no caso dos urbanitas), a lingua dos avós, etc.

    Desde logo, no caso da literatura, a grande dignificación da lingua terá que vir da existencia de verdadeiras grandes obras. E da súa ausencia non podemos responsabilizar a ninguén, e menos aínda a autores que publican, a editores que divulgan a nosa literatura e a institucións que entregan premios, é dicir, a quen traballa en galego con maior ou menor fortuna. Sopréndeme, neste sentido, a má baba dalgúns “anónimos” que sementan de pezoña os blogues criticando obras que non leron ou das que son incapaces de facer comentarios sobre a técnica literaria que presentan. Nestes casos a literatura é o que menos lles importa, ocupados permanentemente en alimentar unha proeminencia que oculte a súa ignorancia.

  • Pois tamén mira que é masoquismo (ou outra cousa?) escribir nun idioma ao que non lle ves futuro.
    Lin a reportaxe e non acabo de entender moi ben por que se lle dá tanta transcendencia ao que din os autores.

  • Cau

    Xa o titular do Culturas ten delito (Os dous de moda (contra “Os dous de sempre? :))

    Coido moi triste que unha entrevista con tres periodistas dea como resultado esta ¿reportaxe? Supoño que na conversa dixéronse máis cousas, e máis interesantes, que quizais a Jesús Flores –a min tamén se me quedou o nome :)- non o interesaron porque o afastaban do que semella o seu obxectivo principal, falar do mal que está o galego e a súa literatura –escritores que non cren na lingua na que escriben, editoriais que non pagan (habelas hainas, pero Xerais non é unha delas, e aquí están a falar con dous premios Xerais), concepción cultural dunha “acomplexada” literatura galega vs concepción máis comercial doutras literaturas máis “desenvolvidas” etc.

    Ao que non lle acho explicación é ao comentario (que collo con pinzas, como todo o desta reportaxe) de Moure sobre a atitude demasiado militante da xente que fala galego nas cidades. Non teño moi claro a que se refire. Son os galegofalantes demasiado militantes cando esixen que a administración os atenda na súa lingua, cando lle falan en galego a un castelanfalante que os entende perfectamente, ou cando piden escolarizar os seus fillos na lingua que eles/elas falan? Que é ser demasiado militante? Porque a min, agás a violencia e o que dita o sentido común, o respecto aos dereitos dos demais (sen esquecer os propios) e a educación, nada me parece demasiado militante.

  • eu si a lin. a entrevista pareceu-me pobre e superficial (esa alusión destacada ás diferenzas gastronómicas entre os dous non presaxiava nada bon); tamén eu confio en que o xornalista non dava para máis. de todos xeitos, esta tendéncia á derrota e a demostrar a inutilidade do galego como veículo de cultura, como extravagáncia, empeza a ser habitual en determinados médios de comunicación, nomeadamente ese xornal.

  • X

    Non tiven oportunidade de ler a entrevista pero se é así como dis, que desilusión!
    En canto a que escriben nun idioma ao que non lle ven futuro diría que é unha situación bastante máis xeneralizada do que parece.
    Un saúdo.