Alfredo Ferreiro, Breves

A vangarda presente

Leo n’As uvas da solaina un artigo referido de Afonso Vázquez-Monxardín en que fala dun xeito moi positivo do uso de galego, unindo o respecto á variedade social co principal valor da lingua, a saber: o facto de ser unha ferramenta para a comunicación e portanto algo esencial para a colaboración entre a xente. Unha perspectiva que valoro especialmente.

Mais remata o texto a nomear un surtido de célebres literatos: “Desde Euxenio Montes a Álvaro Cunqueiro. Desde Celso Emilio a Manuel María. ¿Ou alguén quere unha lingua só para unha ideoloxía? Sería suicida. O galego é un código para que nos entendamos, soñemos e recreemos o mundo. Naceu hai mil anos e viviu ata nós. Agora, é a nosa responsabilidade proxectalo no futuro dos nosos fillos. Desde a historia, desde o feito nestes últimos vinte, trinta, corenta anos debemos ir con Manuel Antonio, sempre “máis alá”. Co bo Plan de todos.” E é entón cando, abandonando a liña argumental do artigo, comezo a pensar que parece mentira o caso do Manuel Antonio, tan recoñecido actualmente e tan incomprendido na súa época. Porque hai que lembrar que o manifesto que tanto valoramos desde os anos setenta foi absolutamente desprezado na altura, considerado como simple atrevemento do sangue xoven dirixido por alguén que se servía dos novos para dar a nota. Ver o que chegou a dicir en tan poucos anos de actividade poética sobre o que debía ser unha nova poética que rompese absolutamente a tradición… e o xeito de ligar imaxes que se ve en De catro a catro… Non foi considerado en absoluto, non foi recoñecido. Cando alguén presenta algo realmente novo altera o “saber estar” de moitos, e os que están aposentados acostuman a ocultar as novas obras mediante a indiferenza. Entón é cando pregunto: sabemos agora recoñecer as obras verdadeiramente relevantes ou estamos a facer como xa fixemos con Manuel Antonio? Sabemos ver a vangarda presente?

Share
Standard