Ente

O levantador de minas é do presente,O avaro Pantalone

e agora que non está doente

nunca mais ficará ausente

da calor amábel do poente

nin do estimulante fresco do nascente.

Non usará xestos indecentes

nin palabras improcedentes,

nin fará esforzos penitentes

por non se ter lavado á noite os dentes.

Camiñará erguido, corazón tremente,

por non ter sabido falar falsamente;

percorrerá os sendeiros inutilmente

sen descobrir quen en verdade mente.

Mais ficará tranquilo, e largamente

observará como outros intereseiramente

afían as unllas sen usar a mente

para sen nada ficar, finalmente,

no mundo que para todos ten un presente

e del nada aproveitan, ignorantemente.

Share

Comments are closed.