Alfredo Ferreiro, Jornalismo

Un xornalismo que xamais poderei deixar de esquecer

Continúa este sábado Jesús Flores no “Culturas” de La Voz de Galicia demostrando que nada lle impide escribir artigos mesturando as opinións do vulgo, é dicir, recollendo sen criterio algún palabras de moitos blogueiros e comentaristas e xuntándoas nun texto de novo confuso en que o título pouco ten a ver co que alí se plantea. Sen ir máis lonxe comeza o artigo con catro liñas reproducidas literalmente dun post deste blogue, entre vírgulas, mais sen citar procedencia. Será que o Manual de estilo de La Voz de Galicia permite citar literalmente opinións sen referenciar o seu autor? Dubídoo, mais a miña non é a opinión dun xornalista profesional. Será que o seu traballo non terá nada a ver co código deontolóxico proposto polo Colexio profesional de xornalistas de Galicia? A saber, relativamente aos dous primeiros criterios:

«1. Observar sempre unha clara distinción entre feitos e opinións ou interpretacións, evitando toda confusión ou distorsión deliberada de ámbalas dúas, así como a difusión de suposicións e rumores.

2. Difundir únicamente informacións fundamentadas, evitando en calquera caso afirmacións ou datos imprecisos e sen base dabondo, que poidan lesionar ou menospreza-la dignidade das persoas e provocar un dano ou descrédito inxustificados a institucións e entidades públicas e privadas, así como a utilización de expresións ou cualificativos inxuriosos.»

En fin, que non comprendo como é que fala de envexa no título para logo citarme nas primeiras liñas do texto. Inaudito tamén que diga que as críticas principais referidas nos blogues “están dirixidas á sinceridade coa que tanto Moure como Ameixeiras expresaban a súa opinión sobre o presente e o futuro do galego.” Onde viu no blogomillo que fose criticada a sinceridade de ninguén? Desde logo o que aquí sobra é sinceridade, en moitos casos. Mais todo o mundo asume o dereito a opinar nos blogues en que libremente se abre esa posibilidade.

En verdade, parece que a información presentada como un totum revolutum é aceptada nese suplemento, talvez porque nos asuntos culturais galegos todo o que se publica é ben recibido debido ao déficit que aínda eiva a cultura galega. Eu non opino o mesmo, e creo que somos cada día máis os que traballamos, na necesaria modestia das nosas posibilidades, para atinxir a maior altura das nosas letras.

Por outro lado, e para que non se diga que me oculto no anonimato, direi que o nome que se veste de levantador de minas é Alfredo Ferreiro, membro da AELG desde 1998.

Share
Standard

9 thoughts on “Un xornalismo que xamais poderei deixar de esquecer

  1. Teñen tan pouco coidado nese suplemento (in)”Culturas” que na versión impresa do número ó que aludes neste post, aparece unha foto de Roberto Vidal Bolaño -falecido, aclaro por se le isto alguén que tampouco o saiba- cun pe de páxina que asegura “que pasea con éxito un espectáculo polos festivais galegos”.

  2. Teñen tan pouco coidado nese suplemento (in)”Culturas” que na versión impresa do número ó que aludes neste post, aparece unha foto de Roberto Vidal Bolaño -falecido, aclaro por se le isto alguén que tampouco o saiba- cun pe de páxina que asegura “que pasea con éxito un espectáculo polos festivais galegos”.

  3. Teñen tan pouco coidado nese suplemento (in)”Culturas” que na versión impresa do número ó que aludes neste post, aparece unha foto de Roberto Vidal Bolaño -falecido, aclaro por se le isto alguén que tampouco o saiba- cun pe de páxina que asegura “que pasea con éxito un espectáculo polos festivais galegos”.

  4. Por agora non o atopei, mais cando o atope incluireino. Vese que no fin de semana non o suben á versión dixital. Canto ao xornalista, o que demostra é que non ten control sobre as interpretacións posibles dos seus traballos, e iso é unha falta de responsabilidade que hai que sinalar aínda que se trate de cousas tan pouco importantes como a literatura en galego, ese capricho tan prescindíbel que uns poucos nos preocupamos en defender.

  5. Por agora non o atopei, mais cando o atope incluireino. Vese que no fin de semana non o suben á versión dixital. Canto ao xornalista, o que demostra é que non ten control sobre as interpretacións posibles dos seus traballos, e iso é unha falta de responsabilidade que hai que sinalar aínda que se trate de cousas tan pouco importantes como a literatura en galego, ese capricho tan prescindíbel que uns poucos nos preocupamos en defender.

  6. Por agora non o atopei, mais cando o atope incluireino. Vese que no fin de semana non o suben á versión dixital. Canto ao xornalista, o que demostra é que non ten control sobre as interpretacións posibles dos seus traballos, e iso é unha falta de responsabilidade que hai que sinalar aínda que se trate de cousas tan pouco importantes como a literatura en galego, ese capricho tan prescindíbel que uns poucos nos preocupamos en defender.

  7. Non hai enlace para o suplemento ese? Supoño que non, por que se o houbese o poñerías.
    De todos os xeitos é un dato máis para ter en conta sobre ese xornalista que indica a súa ética, ou ausencia dela, e a súa particular interpretación das cousas.

  8. Non hai enlace para o suplemento ese? Supoño que non, por que se o houbese o poñerías.
    De todos os xeitos é un dato máis para ter en conta sobre ese xornalista que indica a súa ética, ou ausencia dela, e a súa particular interpretación das cousas.

  9. Non hai enlace para o suplemento ese? Supoño que non, por que se o houbese o poñerías.
    De todos os xeitos é un dato máis para ter en conta sobre ese xornalista que indica a súa ética, ou ausencia dela, e a súa particular interpretación das cousas.

Comments are closed.