Alfredo Ferreiro, Breves

A revolución de Caneiro

Xosé Carlos Caneiro

De Xosé Carlos Caneiro, o dandi das nosas letras, recollemos esta aposta pola literatura de calidade e por unha revolución literaria que el mesmo pretende iniciar a pesar dos impedimentos do sistema educativo. Unha revolución iniciada por un debate intenso, baseada na elusión das intervencións aburridas e apoiada pola Administración:

«[…] Houbo un tempo en que todo o escrito en galego era considerado como literatura. Vendíanse libros que non eran literatura nos institutos e algúns autores escasamente dotados para a arte literaria pasaban a formar parte, de contado, da nómina áurea da cultura patria. Sucedeu e aínda sucede. […] Ao galego, nestes días tamén, fáltalle aínda naturalidade literaria e sóbralle afán didáctico. Velaquí o problema: o didactismo. Xogamos a edificar textos que ideoloxicamente resultan moi plausibles pero que fallan, creo, na argumentación artística: a busca de novos camiños, o intento orixinalizador, o coñecemento existencial, a dicción frondosa, a estructuración milimétrica, a experiencia vivida convertida en experiencia contada… escribo esta reflexión coa prudencia necesaria. Intentando aportar motivos para un debate intenso pero sosegado, ou desasosegado como un verso de Pessoa, qué importa. […] O escritor debe aumentar a súa presenza en foros, debates, televisións, radios. O escritor debe tamén non aburrir en tales territorios. E a Administración, como garante do noso “topos” cultural, debe ser a precursora desta revolución que eu pretendo.» La Voz de Galicia, 26/08/2006, Culturas, páx. 5.

Teño que recoñecer que no fondo comparto con Caneiro unha preocupación pola literatura ― desde logo non máis pola de agora que pola de épocas anteriores ― que me leva a pensar: a literatura galega será literatura ou non será.

Share
Standard

14 thoughts on “A revolución de Caneiro

  1. Penso que aquí no paisiño falta moita cultura de biblioteca. As bibliotecas deberían ser entendidas como lugares abertos a todo o mundo. E os escritores e escritoras deberían estar moito máis presentes nelas. E as campañas de animación á lectura para a infancia terían que ser máis, moito máis, diría eu, eficaces e contundentes, de maneira que a nosa LIX estivese presente en todos lados, non só na escola.

  2. Penso que aquí no paisiño falta moita cultura de biblioteca. As bibliotecas deberían ser entendidas como lugares abertos a todo o mundo. E os escritores e escritoras deberían estar moito máis presentes nelas. E as campañas de animación á lectura para a infancia terían que ser máis, moito máis, diría eu, eficaces e contundentes, de maneira que a nosa LIX estivese presente en todos lados, non só na escola.

  3. Penso que aquí no paisiño falta moita cultura de biblioteca. As bibliotecas deberían ser entendidas como lugares abertos a todo o mundo. E os escritores e escritoras deberían estar moito máis presentes nelas. E as campañas de animación á lectura para a infancia terían que ser máis, moito máis, diría eu, eficaces e contundentes, de maneira que a nosa LIX estivese presente en todos lados, non só na escola.

  4. Creo contigo, Pés de náufragha, que iso non pode porse en dúbida. Respecto á dependencia do sistema educativo, este facto non me parece un defecto senón a constatación de que, infelizmente, non ten aínda moitos puntos firmes en que apoiarse. A cuestión é: onde debería apoiarse para que deixásemos de falar do sistema educativo, o cal debería estar en segundo plano reflectindo simplemente parte co canon literario galego?

  5. Creo contigo, Pés de náufragha, que iso non pode porse en dúbida. Respecto á dependencia do sistema educativo, este facto non me parece un defecto senón a constatación de que, infelizmente, non ten aínda moitos puntos firmes en que apoiarse. A cuestión é: onde debería apoiarse para que deixásemos de falar do sistema educativo, o cal debería estar en segundo plano reflectindo simplemente parte co canon literario galego?

  6. Concordo bastante con vós… mais unha cousa: a nosa LIX, da que tanto se insiste en que depende do sistema educativo, é un dos alicerces fortes da literatura galega, e así o demostran tamén os distintos premios que acadou fóra de Galicia.

  7. Concordo bastante con vós… mais unha cousa: a nosa LIX, da que tanto se insiste en que depende do sistema educativo, é un dos alicerces fortes da literatura galega, e así o demostran tamén os distintos premios que acadou fóra de Galicia.

  8. Concordo bastante con vós… mais unha cousa: a nosa LIX, da que tanto se insiste en que depende do sistema educativo, é un dos alicerces fortes da literatura galega, e así o demostran tamén os distintos premios que acadou fóra de Galicia.

  9. En efecto, resistindo. Pero esa é outra mostra máis do ilóxico da situación. Unha literatura só debería preocuparse de ser literatura, máis nada,como moi ben dicía vostede no post.

  10. En efecto, resistindo. Pero esa é outra mostra máis do ilóxico da situación. Unha literatura só debería preocuparse de ser literatura, máis nada,como moi ben dicía vostede no post.

  11. Se me permite a matización, Náufrago, eu antes que eivado, o que implicaría que nalgún momento foi un adulto completo que perdeu capacidades, diría que continúa en xestación. E no seu tortuoso camiño por lograrse apóiase onde pode.

  12. Se me permite a matización, Náufrago, eu antes que eivado, o que implicaría que nalgún momento foi un adulto completo que perdeu capacidades, diría que continúa en xestación. E no seu tortuoso camiño por lograrse apóiase onde pode.

  13. Se me permite a matización, Náufrago, eu antes que eivado, o que implicaría que nalgún momento foi un adulto completo que perdeu capacidades, diría que continúa en xestación. E no seu tortuoso camiño por lograrse apóiase onde pode.

Comments are closed.