Alfredo Ferreiro, Poesia

Vostede non sabe con quen está a falar, de Manuel Darriba

Manuel Darriba, xornalista, poeta e narrador, publicou este ano na Espiral Maior o poemario Vostede non sabe con quen está a falar, co que gañou o XIIIº Premio de poesía Espiral Maior. Nel presenta descricións sinxelas de visións fugaces, materializadas en simples concatenacións de imaxes, seccionadas en versos curtos. Pinceladas leves sobre a vida cotidiana, bocetos poéticos sobre o lenzo do real. Sirva como exemplo o poema

VIDA

Ese xesto de repasar

a pintura de labios

nos cristais abrillantados

do coche da funeraria

―o cadaleito, este sol;

acenos infantís―

e dicir, entre risas:

merquemos foita á saída.

Share
Standard