Alfredo Ferreiro, Breves, História

Betanzos, esta semana: recuperación da memoria histórica

Organizado pola Asociación Cultural Eira Vella, publicitamos o programa de actividades que se van desenvolver en Betanzos para a recuperación da memoria histórica da comarca, no marco do Ano da memoria.

26 de setembro

Presentación das Xornadas “A Represión franquista en Betanzos” e pase do filme A lingua das Bolboretas.

28 de setembro

Presentación por Suso García dos filmes A Sombra Negra da CNT-Galicia e Aillados.

3 de outubro

Charla-coloquio “A represión en Betanzos”. Suso Torres e Alfredo Erias.

5 de outubro

Charla-coloquio “A galiza do 36”. Eliseo Fernández e un representante de Memoria histórica da Coruña

11 de outubro

Mesa redonda. Falan os veciños.

21 de outubro

Roteiro por lugares sinalados de Betanzos na represión do 36.

* * *

Por certo, A sombra negra inclúe entrevistas a veteranos militantes como José Iglesias e Manuel Díaz Moreno “Talache”, eses mesmos que frecuentaban na realidade o ateneu libertario “Resplandor en el abismo” e os ambientes anarquistas homenaxeados por Manuel Rivas en Os libros arden mal.

Share
Standard

3 thoughts on “Betanzos, esta semana: recuperación da memoria histórica

  1. Suso says:

    Moitas Grazas por incluir esta noticia.En pouco tempo teredes novas dun blog libertario en Betanzos.

    Unha aperta dun cenetista betanceiro

  2. Estiven intentando enterarme pola Rede de onde se desenvolven os actos e non dei coa resposta. Podes dicirma ti? Vivo en Oza i estou moi interesado en asistir cando me sexa posible.
    Gracias.

Comments are closed.