Alfredo Ferreiro, História da literatura, Poesia, Teoria literária

A concepción da poesía de Jaime Gil de Biedma (1929-1990)

Jaime Gil de Biedma«La poesía moderna es una tentativa desesperada de Salvación personal. Es exactamente […] una contradicción. Es pretender conseguir a través de la poesía algo que la poesía no puede dar y que la situación actual de la conciencia de un hombre moderno no puede conseguir más que en el terreno de la estética, es decir: la resolución estética de conflictos personales que en la vida práctica y en su vida intelectual no tienen solución.» Jaime Gil de Biedma, Leer poesía, escribir poesía. Madrid: Visor, 2006.

Moitos son os temas de interese fulcral para a poesía e, por extensión, a arte modernas que Gil de Biedma trata nesta edición en dúas conferencias agora editadas. O tema da salvación, referido na cita acima, representa en carne viva a “traxedia da modernidade” no sentido en que a caída dos deuses, o antropocentrismo do pensamento científico e a preeminencia do mundo material deixan sen saída práctica as ansias de transcendentalidade, porque nada hai alén da putrefacción final da carne e a reacción química que comporta. Perspectiva ben distinta da do “novo esoterismo”, chegado através de narrativas de temática máxica ou templaria, entre outras, que recuperan a visión Tradicional da vida como un camiño de melloramento espiritual que conduce ao verdadeiro Coñecemento, de carácter iluminativo.

Recalca tamén que a poesía implica por igual escritura e leitura do poema. Concede unha importancia patente á recepción, e marca a relevancia da pericia do leitor.

E define “poesía da experiencia”, datando o seu nacemento no século XIX, no seo das obras dos románticos. Afirma que esta se refere máis a unha forma de crear que a un repertorio de temas. Trátase para el de crear o poema de tal forma que o leitor perciba o proceso de nacemento do poema de forma palpábel; non partindo dunha idea preconcibida, senón ofrecendo a recreación dunha suposta experiencia vivida no presente, coincidente coa creación mesma, e non posterior.

Propoño, para este ano, a leitura do poema Apología y petición.

Share
Standard

3 thoughts on “A concepción da poesía de Jaime Gil de Biedma (1929-1990)

  1. Gran poeta. Aínda que solo ten un defecto… Certa familiar que non cuadra coa gran obra deste home… Pero bueno, sigamos á falar de literatura… jeje.

    Parabéns polo blog. Espero verte polo meu.

    Saúdos

Comments are closed.