Alfredo Ferreiro, Breves, Poesia

A revista Saudade

Saudade1.jpg

Da man do amigo António José Queirós, o seu director, chégame o número 7 (2005) da revista portuguesa Saudade, proxecto patentemente universalista entregado á poesía. Nacida en Amarante, ten ofrecido asento a autores de moi variada xeografía: portugueses, galegos, brasileiros, franceses, hondureños, colombianos, arxentinos, españois, polacos, haitianos, cabo verdianos, suízos, romenos. Entre os galegos figuran Xosé Lois García, José António Lozano, Xoán Neira, Carlos Quiroga, José Ángel Valente (texto traducido para portugués por Amadeu Baptista), César Antonio Molina (en castelán), Xosé María Álvarez Cáccamo e quen isto escribe. Proxecto continuador da magnífica revista Anto, dedicada con esmero á figura do poeta António Nobre, esta publicación demostra tanta pericia editora e iguais dignidade e mestría na divulgación da poesía. En breve virá á luz o número 8, do que daremos noticia na altura.

Share
Standard

5 thoughts on “A revista Saudade

  1. Pingback: O levantador de minas » Nº 8 da “Saudade, revista de poesia”

  2. Pingback: O levantador de minas » Nº 8 da “Saudade, revista de poesia”

  3. Pingback: O levantador de minas » Nº 8 da “Saudade, revista de poesia”

  4. Grazas polo acertixo do Mulá Nasrudín e polos comments.
    Grazas e garzas que saen voando…

    Por certo, sempre me fai graza (e garza; atención: cota de xogos de palabras cuberta por hoxe) esa frase de “To prove you’re a person (not a spam script)), type the… etc” que esixen cando deixas os teus datos persoais en moitas páxinas. Nesta tamén. Por exemplo, eu acabo de ter que tecolear “ratos” para demostrarlle á máquina que non son unha máquina. Ou spam script.

    Aínda que ás veces penso: non estaremos os humanos asemellándonos máis ao spam script que a nós mesmos? Pero é unha reflexión de agora mesmo, vaia, ao fío que vou escribindo.

    Con respecto ao post (e aos outros sobre a lusofonía), dicirche que os sigo con grande interese.

    Bicas e abrazas

  5. Grazas polo acertixo do Mulá Nasrudín e polos comments.

Comments are closed.