O aplauso cínico de Caneiro

“[…] Como aplaudo tamén outro intento, o de Diego Ameixeiras. Quixo saír da súa narrativa pretérita, esa que fala dun detective como tantos. Aparecía o tal en dúas novelas anteriores a esta que comentamos, Tres segundos de memoria, coa que obtivo o Xerais. As novelas anteriores peroraban en torno a un personaxe que por veces amosaba a Auria blancoamoriana e só semellaba apuntar lixeirísimos matices do malditismo, as periferias, e os baixos fondos. Un detective tópico, repetido, que intenta ser orixinal e resulta simplemente patético. Esa literatura sen literatura, ese clixé, eses neomodismos que non constrúen voces propias senón que han de limitarnos (a literatura galega) e limitar ao autor. Creo que Ameixeiras pode, e quere. Tres segundos de memoria, que non é unha novela como a min me gustan as novelas, é unha novela que define a un autor que pode ser un autor importante, necesario, dun tempo novo.

Hai acenos intensos na novela: perdedores que non son os perdedores que todos coñecemos. Hai humor, lucidez, ansias dun autor que é escritor e quere ser escritor. Non hai lingua literaria. Nin un ápice. Pero talvez eu descoñeza as novas tendencias literarias: a literatura sen lingua literaria. Non vou explicalo aquí. Pero a dicción, a prosa, vai determinando estéticas. A estética da Nada acabará en Nada, creo, aniquilándonos. Pero esa é simplemente unha opinión e pode, como repiten incesantemente, que eu estea equivocado. En todo caso é a miña equivocación. E incluso a equivocación é un credo. Atisbos dun inadaptado a estes tempos literarios. Polo tanto, logo de pensar moito esta columna, recoñezo o valor de Tres segundos de memoria. Non é a literatura que eu defendo. Pero hai outras literaturas. E outros autores. Como Diego Ameixeiras. Hai, pois, futuro. E desculpen, por favor, a este inadaptado.” (“Inadaptado”, in Culturas, La Voz de Galicia, páx. 14)

O discurso crítico de Xosé Carlos Caneiro non deixa de sorprenderme. Cualifica a narrativa de Ameixeiras de intento, perorata, de ofrecer personaxes patéticas, tópicas, de ser pretensamente orixinal, de clixé, de non ser digna de ser considerada literatura, de ser limitadora e conducir a literatura galega á aniquilación… E, asombrosamente, aplaude “as ansias dun autor que é escritor e que quere ser escritor”; entende que Ameixeiras “pode, e quere”; opina que “pode ser un autor importante, necesario, dun tempo novo”; recoñece o valor de Tres segundos de memoria

Chegado aquí, desilusiona escribir sobre tamaño monte de despropósitos que, dito sexa de paso, son enfeitados cunha lingua paupérrima. Caneiro séntese un inadaptado mais, na realidade, é o seu ego o que parece non se adaptar ao mundo (o trinta por cento do artigo, como na súa obra Os dominios de Caín, asenta na lamentación e na autoxustificación). Cando por fin leo: “en todo caso, é a miña equivocación. E incluso a equivocación é un credo” xa non temo por el.

Share

12 comments to O aplauso cínico de Caneiro

  • O seu punto de vista paréceme equilibrado e perspicaz, e fai que albergue expectativas positivas sobre Xelamonite.
    Grazas, Palíndromo, polos seus ánimos e o seu contributo.

  • Palíndromo

    Chego aquí de blog en blog, e felicito ao blogueiro, porque semella manterse un grao de argumentación moi digno.
    AO tema:
    Canerio non me interesa moito, pero recoñezo que armou o suficiente ruido como para que lle adique algunha atención.
    Eu non observo ningún cambio, quizais de actitude, de actitude ética, pero segue a soster a súa negación de valor literario a obra de ameixeiras, esto lese con claridade na columna.
    Respecto a obra de Paradelo, veño de rematala, e páreceme que Caneiro comprobou a aparición dunha obra literaria que sinalará un antes e un dispois, e digoo sen animo de panexírico,Xelamonite sorprende, é unha obra forte no argumento e na proposta estéica, e non fai concesións, porque non as necesita para a afirmarse. Recomendolle a súa lectura. Os adxetivos que lle adica caneiro son os que se fan para quedar ben sen salientar algo que sabe que está moi por riba da súa producción e a de tantos outros.

  • Como terá observado, Pairos, o tema deste post é a estraña opinión que Caneiro mostra da obra de Ameixeiras. É dicir, ese modo que ten o columnista de tirar rachadas de metralleta con ángulos de 360 graos en lugar de centrar nalgún lugar comprensíbel o alvo dos disparos. Mais disparar dispara, e con falsa cautela ao meu ver. Canto á de Paradelo, é unha louvanza simple a que lle dedica, que oxalá será merecida. Aínda que pouco valor terá se, como me parece constatar, coas obras de Galaxia sempre se porta como un cabaleiro, sacándoas a bailar a todas.

  • Pairos

    O mais sorprendente da columna e o excepcional elóxio que lle fai a Luis Paradelo, recoñecimento creo que merecido. De ameixeiras para min que contemporiza por se acaso, pero lendo con detenimento non fai unha valoración positiva senón de cautela. Sorprendeme tamén qeu o levantador de minas, corte a columna, deixando a parte ao primeiro autor comentado. Deciase, nunha tertulia proxima a un xornal, de grande tirada, que Paradelo tivo unha recepción crítica excepcionalmente boa, e que isto íase notar inversamente en celos literarios.

  • Pois segundo afirma dedicoulle moito tempo a esta columna. Non sei se a confusión que sentía o fixo perder o tempo ou que lle dedicou moito tempo a escribir algo que xerase confusión. Desde logo, canto máis leo este autor máis confundido me sinto… acabou o partido do Barça? Vou fritir unhas croquetas! Ou mellor: vou botar o lixo ao outro estremo da cidade, a ver se a brisa mariña… Hércules, ilumíname!

  • A verdade e que non deixa nada clara a sua postura con respecto a Ameixeiras.