Alfredo Ferreiro, Críticas e referências

Sobre a crítica literaria I

“Manuel Bragado Rodríguez (Director de Edicións Xerais de Galicia), Fidel López Criado (Profesor Titular de la Universidad de La Coruña), Xavier Seoane (Profesor y escritor, reciente ganador del Premio Espiral Maior) y Cesáreo Sánchez Iglesias (Poeta y Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega) analizan uno de los temas menos mediáticos pero más comentados en los corrillos literarios de las cuatro provincias gallegas.” […]

“A la hora de calificar la crítica literaria en los mismos términos en los que habitualmente se califican los libros (mejorable, correcta, buena o muy buena), la mayoría de los expertos están casi de acuerdo: la cosa es indudablemente mejorable.” […]

“Para algunos, como Manuel Bragado, director de Ediciones Xerais, el problema se debe a «falta de espazos para publicar os traballos», mientras que para otros, como es el caso de Xavier Seoane, el problema es mucho más grave: «Bótase de menos unha maior profundidade nas análises —dice—. A cultura literaria de moitos críticos non é por veces suficiente. Algúns cubren demasiadas áreas. Incluso hai reseñas críticas, e non precisamente poucas, que evidencian ás claras que non se leu o libro a comentar máis que pola lapela. Vénse en exceso influídos por un zeit geist en exceso presentista, con falta, en moitos casos, dunha acaída perspectiva máis ampla».” […]

“Por otro lado van las opiniones más positivas, como la de Cesáreo Sánchez, poeta y presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que asegura que la crítica literaria galega «é unha boa critica, filla dunha longa e fértil tradición». «Creo sinceramente —dijo—, que mellorará a súa percepción social, cando actúe como colectivo como unha parte mais do sistema literario con reflexións fillas duns mínimos de consenso. A actual situación de fragmentación sexa desde a universidade, desde o ensino medio ou desde a prensa escrita ou audiovisual etc. non fai xustiza coa súa importancia real. Ter unha boa critica, significa conseguir os graos mais altos de normalidade para calquera cultura».” […]

“Todos los expertos coincidieron en que un buen crítico debe ser culto, independiente y objetivo.” […]

“La conclusión a la que parecen llegar los expertos es que la crítica literaria que se hace en Galicia sí influye. Es una crítica mejorable, pero influyente. Una crítica que debería realizarse con objetividad e independencia.” […] “Letras en estado crítico”, reportaxe asinada por Pedro A. Ramos García no suplemento Culturas de La Voz de Galicia.

Parece, segundo estas opinións, que a crítica literaria galega é mellorábel e non destaca pola altura cultural dos críticos, nin pola súa independencia nin pola súa obxectividade. E non parece de estrañar, realmente, porque non creo que exista ningún galego que en cousa algunha do mundo cultural se mova cunha valoración obxectiva do seu traballo, unha clara independencia de ideas e unha altura cultural que non tema parecer pretensiosa. Non, isto non o coñezo, e seméllame máis espírito emprendedor “aglosaxón” que “suevo”. Mais non digo que non faga moita falta nesta sociedade unha maior amplitude de actitudes neste sentido.

Porén, se imos ao centro do problema da elaboración da crítica, a dificultade apunta á calidade do contido no sentido do que se di e de como se di. En palabras de Barry Schwabsky, traducido por Paseante extranjero:

“¿Cómo puede uno cumplir con la labor del crítico— que es, digamos, la de un espectador aplicado— cuando la variedad de tradiciones y referencias que los artistas pueden llegar a utilizar es tan amplia que ningún individuo podría llegar a conocerlas todas? ¿Cúando resulta aceptable no sólo carecer de familiaridad con las referencias de un artista, sino ni siquiera ser conciente de ellas?”

Do que se trata, diría eu, é de facer uso de certa sensibilidade para poder tirar das obras cuestións que sensatamente se atopen nelas, vinculalas ao seu desenvolvemento nas mesmas e paralelamente a outros espazos vitais, e apresentar todo con limpeza de ideas e calidade formal. Porque o escrito, como dicía Italo Calvino, se é fermoso é máis verdadeiro.

Share
Standard

One thought on “Sobre a crítica literaria I

  1. Lémbranos Brétemas moi oportunamente a tipoloxía que propón o mesmo autor baixo o título “Criticando”, no mesmo día, onde afirma que é necesario para facer unha boa crítica que esta sexa, ademais de “formada” e “ben escrita”, “independente” e “obxectiva”. Considero, como Pedro A. Ramos, que o gusto persoal do autor, a súa ideoloxía e a súa concepción ideal da obra literaria non interesan a un traballo crítico de altura. Sobre todo porque un crítico literario non debe mazar o lector coas súas preferencias, do mesmo modo que os cociñeiros non se limitan a divulgar unicamente as súas receitas preferidas. Toda obra, se ten o necesario para ser considerada artística, fornece para quen o sabe ver motivos para unha valorización sensata. E digo “sensata” porque quero deixar claro que, sendo o terreo da “obxectividade” e a “independencia” (citadas por Pedro A. Ramos) en esencia inestábel, penso que existe un modo constatábel en que cada obra mostra contidos e formas a través dunha fórmula creativa específica. Baseándose nesta parcela do facilmente asumíbel, cada crítico debe elaborar, dito doutro modo, un discurso crítico que represente unha subxectividade (o seu punto de vista) e unha dependencia (da súa sensibilidade, dos seus recursos, etc.) comprensíbeis e respectábeis. E iso lógrase, e aí concordo, cunha argumentación lóxica e unha visión multiperspectivada.

Comments are closed.