Alfredo Ferreiro, Breves

Nota sobre O levantador de minas

island_by_ophelia_in_redpng.jpgAgradecemos a Tati Mancebo que a partir de agora se sume á nómina de colaboradores oficial d’O levantador de minas. Este modesto blogue crece, impredicibelmente, e non desexamos limitar as potencias do seu metabolismo. Son forzas espirituais as que o moven, non cabe dúbida, pois nada hai de dirección calculadora ou estratexia reflectida detrás da vontade dos que aquí escribimos. Somos amigos, escritores, xente ocupada nos varios frentes en que a vida nos obriga a gastar as horas do día, que non pode desaproveitar a oportunidade que a rede lle ofrece para divulgar estes produtos compostos de palabra e sentimento. Son forzas espirtuais as que nos moven, dicía, sendo consciente de que tal afirmación non parece destes tempos, nin dunha mente progresista, nin postmoderna. Creo que o que acontece é que nós somos un tanto tradicionais, e eu gusto de chamarlle a cada cousa polo seu nome.

Ao mesmo tempo, como os colaboradores que tan xenerosamente se teñen sumado a este proxecto non usan pseudónimo, a denominación O levantador de minas pasa a figurar unicamente como cabeceira, polo que este servidor a partir de agora tamén asinará co seu propio nome.

Share
Standard

6 thoughts on “Nota sobre O levantador de minas

  1. Grazas, selvática compañeira do blogomillo. Así o vexo eu: o importante son os contidos, máis que os soportes. E ao mesmo tempo este soporte deixa espazo suficiente para estarmos varios comodamente instalados.
    Nada me satisfai máis que poder albergar aquí unha reunión permanente de amigos desta clase, pode acreditar.

  2. Grazas, selvática compañeira do blogomillo. Así o vexo eu: o importante son os contidos, máis que os soportes. E ao mesmo tempo este soporte deixa espazo suficiente para estarmos varios comodamente instalados.
    Nada me satisfai máis que poder albergar aquí unha reunión permanente de amigos desta clase, pode acreditar.

  3. Grazas, selvática compañeira do blogomillo. Así o vexo eu: o importante son os contidos, máis que os soportes. E ao mesmo tempo este soporte deixa espazo suficiente para estarmos varios comodamente instalados.
    Nada me satisfai máis que poder albergar aquí unha reunión permanente de amigos desta clase, pode acreditar.

  4. Grazas, selvática compañeira do blogomillo. Así o vexo eu: o importante son os contidos, máis que os soportes. E ao mesmo tempo este soporte deixa espazo suficiente para estarmos varios comodamente instalados.
    Nada me satisfai máis que poder albergar aquí unha reunión permanente de amigos desta clase, pode acreditar.

  5. X says:

    Parabéns pola evolución do blog, e non quero deixar de amosarlle que me parece marabillosa a súa xenerosidade ao converter a súa casa blogueira no fogar doutros que, de seguro, han de traer máis madeira que queimar no lar.

  6. X says:

Comments are closed.