«Viaxes no scriptorium» I

Unha prosa tan aséptica como o escenario en que malamente se desenvolve Mr. Blanks.

Un narrador inquietantemente omnisciente e omnipotente que fornece moita máis información da que inicialmente promete, filmando os pensamentos do protagonista e avanzando o imprevisíbel como se xa coñecese o final da historia.

Un estilo a medio vestir, como pasa as horas Mr. Blanks, a agardar que alguén lle tenda a roupa que debe poñer ou, mellor, unha man cargada de información.

Unha escusa para describir con detalle o que nunca se conta nas novelas nin se ve nos filmes, esas pequenas cousas que, no mellor ou no peor dos casos só se albiscan nos espazos en branco e nos cambios de secuencia.

Viaxes no scriptorium pertence ao grupo dos experimentos tentadores que poucos escritores se poden permitir acometer mais, entendemos, non xustifica as case 200 páxinas polas que circula nin os 16 € que custa. O propio Auster ten declarado en máis dunha ocasión que xa escribiu as súas mellores historias porque agora ten a sensación de repetirse. Este relato podería entenderse como unha tentativa de elevar a repetición á categoría de expresión artística mais os que non leron outras das súas novelas non o entenderán e os que si o fixemos podemos ficar coa impresión de asistirmos a un xogo formalmente pulcro mais practicamente alleo á literatura, que non se xustifica cunha presa de piscadelas.

Share

14 comments to «Viaxes no scriptorium» I

  • Si, ten todo o dereito do mundo mais eu non deixo de sentirme un bocado timada polo feito de que me vendan como a última novela de Auster un outro produto que non o é.

  • Si, ten todo o dereito do mundo mais eu non deixo de sentirme un bocado timada polo feito de que me vendan como a última novela de Auster un outro produto que non o é.

  • Auster xa dixo que agora mesmo está mais interesado en probar cousas novas, coma os guións de cine, do que na propia literatura, que a ten un pouco aburrida.

  • Auster xa dixo que agora mesmo está mais interesado en probar cousas novas, coma os guións de cine, do que na propia literatura, que a ten un pouco aburrida.

  • Teño que recoñecer que non tiven oportunidade aínda de dedicarlle o tempo que merecen eses autores anunciados como novos valores da narrativa. Jaureguizar é un home espelido e con esa denominación está conseguindo probabelmente máis repercusión para eles da que terían independentemente. O concepto de grupo contribúe á visibilidade.
    De todos modos, as obras están aí para ser xulgadas. E xa podemos agradecerlles o esforzo de ofrecelas. A partir de aquí nada lles debemos alén dunha crítica debidamente fundamentada.

  • Luma

    Amigo levantador:
    Que opina da chamada “Xeración dos Peixes” por Jaureguizar?
    Saúdos!

  • Luma

    Amigo levantador:
    Que opina da chamada “Xeración dos Peixes” por Jaureguizar?
    Saúdos!

  • Será un pracer, Folerpa, coñecelo en persoa.

  • Será un pracer, Folerpa, coñecelo en persoa.

  • Amén.
    Saudámonos o cinco de marzo na de brétemas.

  • Amén.
    Saudámonos o cinco de marzo na de brétemas.