Alfredo Ferreiro, Breves, Críticas e referências

A cova das vacas mortas III: Vigo, casa Xerais

jaureguizar.JPGInfelizmente, non puidemos postear ao vivo desde a casa de Edicións Xerais, por falta de conexións á rede suficientes na sala en que o acto tivo lugar. Conformes co que si puido ser, moitos temas foron tratados que fixeron rendíbel a viaxe pola diagonal do mapa desde A Coruña. Algúns dos que máis nos interesaron foron estes:

A nova web d’A cova das vacas mortas. Santiago Jaureguizar comandou unha viaxe pola nova web que apoia a promoción xeral do libro, e que ofrece entre outras actividades a convocatoria pública para enviar pequenos vídeos (10-40 segundos) sobre os temas explorados na obra. Manuel Bragado recalcou o decidido interese da editorial en que este espazo non fose utilizado con utilidade comercial, senón como un complemento innovador da edición en papel que é ofrecido aos lectores.

Os temas da obra. O autor manifestou que non desexa moralizar sobre os temas que a obra ofrece, senón simplemente presentalos como motivos para a reflexión. Entre eles, asumiu como un dos máis relevantes da obra o seguinte: pode unha artista traballar publicitando un réxime sanguinario sen macular a súa propia imaxe coa súa colaboración profesional?

A lingua literaria. Preguntado sobre a importancia que el lle outorgaba ao dominio da lingua para a construción dunha lingua literaria que contribúa á ideal manifestación dos obxectivos narrativos, o autor contestou: “A lingua é algo secundario na miña obra. Unha vez que a lingua literaria cumpre a súa misión a través dun ritmo adecuado ao servizo da narración, debe caracterizarse pola transparencia.”

Sobre a crítica literaria na Galiza. No contexto da recente fundación da Sección de Crítica Literaria da AELG, preguntamos a Jaureguizar que opinión ten da crítica literaria galega e que melloras estima debe esta promover. A súa resposta foi: “Faise unha crítica boa para as condicións de que se dispón. Estou pola profesionalización do sector, aínda que recoñezo que é difícil porque non vende. Precisa dunha maior independencia, e a isto podería contribuír que fose remunerada e que os autores asumisen mellor as críticas recibidas. Non hai que confundir a crítica das obras coa crítica das persoas.”

A tarde resultou realmente substanciosa en compañía de: Jaureguizar, Martin Pawley, Folerpa, Ignacio Chao, Tati Mancebo, Celia e Manolo. Para máis información sobre o acto, vídeos incluídos, visiten Brétemas e O blog dos pelachos.

Share
Standard

6 thoughts on “A cova das vacas mortas III: Vigo, casa Xerais

  1. Agradézolle eu a actitude que demostrou na tertulia do acto, en que foi evidente que é capaz de aceptar calquera punto de vista para discutir a súa obra. A proximidade cos autores deste modo faise efectiva e resulta proveitosa.
    A falta de vaidade (ou disimulo, non importa) hónrao e fala moi claro da solidez dos seus valores.

  2. Jaureguizar says:

    Quería agradecerlle, Levantador, esta crónica tan acertada dende un punto de vista xornalístico. Tamén quero darlle as grazas a vostede, xunto con Tati e Martin Pawley, por viaxaren dende A Coruña ata Vigo para o acto.

  3. Interessante. Eu acho que S. Jaureguizar tem razão -e não é de agora que pense- em muito do que diz e provoca sobre este tema do mundo editorial.

    Ele é um profissional, ou quando menos a isso aspira, como Rivas ou Yolanda Castaño. Para mim são dos poucos que sabendo o que há tratam de viver, do que há, analisando friamente o ecosistema, sem contos, patriotismos ou ridiculismos snobistas nos que há muito tempo andamos ancorados.

    É uma estratégia individual que eu não compartilho (pois acho que a longo prazo e para o coletivo é perigosa) mas que entendo e prefiro a muitas outras de laio, desespero, amadorismo de funcionários progres e final dependência da administração. Falta dinamismo, profissionalismo e sobram editoras, escritores amadores e livros.

    Para além, hoje por hoje, o espetáculo é parte do negócio editorial, quem isso não entenda é que não sabe de comércio de livraria.

    O que me parece absurdo é que um editor na Galiza pense (diga) ainda que pilota uma ONG e não um negócio a sério e o pessoal -os auto porclamados de críticos- lhe riam a cousa:

    “Manuel Bragado recalcou o decidido interese da editorial en que este espazo non fose utilizado con utilidade comercial, senón como un complemento innovador da edición en papel que é ofrecido aos lectores” ??

Comments are closed.