De livros e fantasias contáveis II/V

Un bello libro no es obra de una sola persona, sino el fruto del esfuerzo de todos aquellos que trabajan en su elaboración. Son varios los artesanos que intervienen en la elaboración del libro y el esfuerzo es siempre de carácter colectivo. Cada libro tiene una historia, independiente del autor y del tema que trata. Una historia referida a su edición. Aquel libro que nació rico, que produjo seguramente un déficit en la contabilidad de la editorial, ahí está en una librería de última categoría, vendiéndose en lote con otros más modestos que corrieron igual suerte.

Luis Seoane, 1957

Característica mui significativa da literatura galega atual dos últimos 20 anos é que contando com uma aparência de normalidade nunca vista, havendo mais editoras, muitos mais livros, melhores leitores e mais preparados escritores, a qualidade da produção e dos textos não é proporcionalmente superior a tradição da que parte.

AlfarrabistasNo entanto o público, que não cresce nem se normaliza, está desbordado por uma oferta saturada e repetitiva, sem nenhum controlo e também sem uma crítica em que fiar. Motivos?

Vários. Eliminemos a ingente e absurda produção institucional que dorme em armazéns (universidades, concelhos, deputações, Xunta…). Quitemos Galáxia que vive da sua história e do conto de vender-nos os clássicos patrióticos. Tiremos Xerais, parte do grupo Anaya que pertence à multinacional francesa Havas (a das brasileiras Ática e Scipione), o Grupo Everest ou Alfaguara (Santillana), que nas suas estruturas comerciais mantêm as sucursais galegas (e com apoio absurdo do dinheiro público) pelo que tem de ponte para o mercado hispano. Que fica?

O resto das editoras sobrevivem, não luitam pelo mercado e não fazem investimentos em tradutores, corretores, campanhas. Não ganham muito, mas não se obrigam a competir –que é melhorar- às devanditas. Sobrevivem em boa parte com orçamento da Xunta. Logo, a mais títulos e mais autores, mais ingressos (para sobreviverem apenas) das editoras. Conclusão mercado estancado, e pouco profissional.

Share

7 comments to De livros e fantasias contáveis II/V

  • Ernesto Vázquez

    Tradição?

    O que entendemos comunmente como literatura galega, sempre reverenciada, mas apenas lida como literatura nem como conjunto referencial.

  • Teño que recoñecer que o número de títulos publicados para os lectores que presupoño sempre me asombrou. Aínda contando cos “éxitos” xuvenís, estes non deben ser moitos máis do que os títulos incluídos como lecturas escolares. Será esta bolsa de publicacións a que sostén parte do negocio editorial? Fóra disto, a que non lle concedo tamén unha cifra decisiva, só fica a cuestión do apoio institucional para xustificar a produción. Algo máis debería haber, talvez o descoñecemento meu dos números reais do negocio… sempre concluín.
    Por outro lado, afirmas “a qualidade da produção e dos textos não é proporcionalmente superior a tradição da que parte”. A que chamas neste caso tradición?

  • miguel levita

    Unha situación distinta, mellor para as editoriais, cun público numeroso e un aparato cultural eficiente implica un pais distinto ao que hai, implicaría unha seria e profunda transformación, implicaría un compromiso co pais que comenzando polos políticos non hai. En vez de carpas polas vilas, versos nas bolsas dos supermercados, congresos e xornadas sen sentido, distribución das subvencións por amiguismo e conveniencia, e vez da cidade da cultura, terían que apostar polo asociacionismo de base, polos clubs de lectores, por dignificar mais moito mais o idioma, por abandoar a practica herdada do bilinguismo harmónico pola oficialidade do galego. ´
    Esta é a realiade, caos editorial, confusión completa na valoración da producción literaria, criticos sen formación que fan carreira vendendose ao comprador de turno, todo son favores e favores, neocaciquismo cultural. Esta é a verdade. A situación resulta tan disforme que a personalidade de turno rise de calquera crítica e aplicalle inmediatamente a etiqeta de “envidia”. Parece que todos somos caciques ou queremos serbir aos cadiques,porque así se fai pais. Neste contexto a irrupción da politica asimilacionista do xornal “el pais”. reforza a política aniquiladora de “La voz de Galicia” e ímonos quedando sen pais e sen voz, caladiños, bilinguizados, bífidos, con ansias de normalizarnos, de mutilarnos unha das prominentes, para que quede só unha, e sexamos normais, aceptados na lingua recta de Cervantes. Castellano, lo mejor es ser castellano, adusto, noble y místico, de galicia recordaremos los “regatos pequenos”, “adeus vista dos meus ojos…”
    E neste proxecto están todos os politicos tépedos adicados aos vellos e a xestionar o seu monopole, os editores introducindo traduccións multinacionais sen contrapartidas, como autenticos paletos. A universidade incapaz de formar persoas competentes, adicados mais que nada a literatura administrativa e ao peloteo, Os escritoes atontados nunha megalomonía ridicula que os fai obxecto de todos os escarnios e risibilidades.