Cadáver naceu, e agora crece

En febreiro deste ano Igor Lugris, que non sabíamos que estaba así preñado, un cadáver pariu que agora crece. O cadaverciño naceu pequeno, dun verso de comprimento e sete palabras de peso. A medida exacta que foi anotada na primeira hora é a do seguinte verso:

Há umha certa luz incomprensível na distáncia

Pai e fillo atópanse ben. Nas últimas semanas o menino multiplicouse por sesenta e continúa a medrar, nun ambiente en que tantos e tantas tentamos amamentalo e até apadriñalo (do último non se deixa, cun sorriso por resposta). Será ao final un fillo da comunidade, e anunciará simplemente coa súa existencia que algunhas utopías sempre son posíbeis. Ten que ser a arte quen reclame a necesaria asunción desta verdade. Da Verdade.

No post «Cadáver #12» de Ovnis e isoglossas ofrécese unha das moitas fotografías feitas á crianza:

Cadáver 12-Ovnis e isoglossas«Há umha certa luz incompreensível na distáncia
como umha porta de cristal fechada
uma palavra no abismo da língua
tócate, sen sabelo, esvara
o conto é decidir cando acabar
un home do sur preguntoulle se quería viaxar
e ela considerou pasos cegos e desertos
Avanzou en círculos, até os límites da súa propia sombra
onde ofereceu a todos a maçã vermelha do seu peito

Igor Lugris
Eugénio Outeiro
Oscar Mourave
lara do ar
María do Cebreiro
Xiana Arias
Eduardo Estévez
Tati Mancebo
Alfredo Ferreiro

Mais um cadáver para a nossa colecçom de cadáveres, mais um cadáver para a Expo Cadáver, a exposiçom internacional de cadáveres esquísitos que celebraremos em Ponferrada, e na que aguardo ver a todas/os, ou a muitos/as, das/os participantes, para que recitemos entre todos os, por agora, 60 cadáveres! que já temos.
Há um cadáver a caminhar pola rede!

Share

1 comment to Cadáver naceu, e agora crece