Presentación de "Saudar a vida", de Xavier Seoane

Presentación de "Saudar a vida", de Xavier Seoane

Presentación de “Saudar a vida”, de Xavier Seoane

Onte á noite, cando o denso e mollado tránsito nos permitiu chegar á pretendidamente deostada Galería Sargadelos da Coruña, acudimos á presentación do libro de ensaio Saudar a vida. Unha defensa das humanidades na sociedade do coñecemento, de Xavier Seoane.

Segundo Manuel Bragado e Cesáreo Sánchez, que alí estaban defendendo a mesa, é este un traballo que non se afasta da liña marcada pola esencial pulsión poética do autor. Aínda máis lonxe quixo ir Sánchez cando afirmou: “Xavier é poeta mesmo cando fai activismo cultural”. Pola súa parte, o arquitecto Manuel Gallego entendeu o humanismo defendido por Seoane como “un proxecto político totalizador”, que parte da “confianza no home”, ademais de constituír “un manifesto pola dignidade e unha denuncia das carencias humanistas da sociedade actual”.

Na súa intervención, o autor recoñeceu que o Sistema con certeza non ha de estar receptivo a un seu discurso que promove, en definitiva, a emancipación do individuo. E lamenta que até os círculos ideolóxicos progresistas manifesten tamén esta tendencia.

En palabras de Seoane, aliás, o concepto de Humanismo necesariamente debe entenderse unido á existencia dun espírito crítico: “Debemos perder o medo escénico e saír a ágoras amplas de debate”.

Canto ás motivacións para encetar a escrita desta obra, algunhas foron exprimidas en negativo: “Comecei este proxecto a causa dun malestar: a calquera predicador se lle atribúe un certo tipo de autoridade. Porén, ao intelectual e ao profesor ténselle xa retirada toda a súa auctoritas“.

Todas foron palabras que nos suscitaron un profundo interese pola obra. Porque humanistas tamén nós nos sentimos, en verdade, nestes tempos en que, libres talvez desde hai pouco dunha autoridade inxusta, estamos a ser asolagados nunha marisma de autoridades incertas.

Share

8 comments to Presentación de “Saudar a vida”, de Xavier Seoane

  • Ramiro

    Também eu quero testemunhar o prazer com que se lê este livro. É um passeio agradável e trabalhado sobre os debates havidos no Ocidente a respeito das relações entre ciência e humanidades, com uma vontade, que partilhamos, de procurar pontos de encontro para a ampliação do nosso conhecimento. Postos a isto acho que seria interessante falar sobre a existência ou não de pontes sérias entre estas duas parcelas da vida, que nos levariam a recuperar uma visão mais unitária e, portanto, facilitadora de uma condição humana muito mais plena.
    É muito de agradecer este tipo de trabalhos, como também o é o de Rebeca Baceiredo, “O suxeito posmoderno”, que recuperam o gosto por uma curiosidade universal desde Galiza.

  • Xa tiven oportunidade, Ana, de comprobar a valoración da obra que fixeches no teu blogue. Na presentación do libro Cesáreo comentábame que admiraba de Seoane que fose unha persoa que sempre apostou polo debate crítico e o compromiso artístico antes que nada.
    Desde que o coñezo, e van xa 22 anos, teño esa mesma impresión.

  • Hai uns días que rematei con esta lectura e a teño xa entre os libros de culto da miña biblioteca.

  • Hai uns días que rematei con esta lectura e a teño xa entre os libros de culto da miña biblioteca.

  • Ernesto

    Bela palavra, deostar.

    “Deosto da vida”

    Caem as torres mais altas
    Em cas del rei voam corvos
    que foi daquelas doncelas
    que foi daqueles senhores.

    Abaixam as mais fortes casas
    em cas del rei foçam porcos
    que foi daquelas amigas
    que foi daqueles segreis.

    Rompem as mais homenagens
    em cas del rei ouveam cães
    que foi daquelas louçãas
    que foi daqueles sabidos.

    Quebram as mais das verdades
    Em cas del rei rilham ratos
    que foi daquelas altivas
    que foi daqueles preçados.

    Mudam as mais das vontades
    Em cas del rei choutam rãas
    Que foi daquelas genrosas
    Que foi daqueles tão bons.

    Esquecem as mais das palavras
    Em cas del rei brincam monos
    Que foi daquelas poetas
    Que foi daqueles das prosas.

    Que foi dos que se vendiam
    Que foi das que prometiam
    Que foi dos que mais pregavam
    Que foi das que mais diziam
    Que foi dos que mais loavam
    Que foi das que mais queriam
    Que foi dos que mais falavam.

    Que foi daquelas juntanças
    Que foi daqueles poemas
    Que foi daquelas espadas
    Que foi daqueles escudos
    Que foi daqueles favores
    Que foi daquelas cantigas
    Que foi daqueles serviços
    Que foi daquelas moedas.

    Que foi dos mais compromissos
    Que foi das mais das promessas.

    Pero cuidais, meu cavaleiro
    da fonte, e o verso e a flor?
    do brasão do açul cobalto
    e o generoso Senhor?

    São tempos de soldadeiras,
    Tempos de aleves bufões.