Homenaxe a Xosé Anxo Fernández Roca na Facultade de Filoloxía da UDC

roca_homenaxe.JPGFoi onte nunha Sala de Xuntas austera, funcional, sen luxos nen requintamentos, totalmente acorde ao espírito do homenaxeado. A nota artística, protagonista absoluta do evento, foi a escenificación de Un anxo chamado luz, creación de Casahamlet para a ocasión, comandada por Manuel Lourenzo. Alí, declamaron obras queridas polo profesor e traballos escritos por este. O fruto que a súa sensibilidade ofreceu á comunidade foi mostrado con mestría e amor polas xentes do teatro.

Outras cousas sábeas cada quen. Como que promoveu o primeiro recital poético en que participei, hai xa dezanove anos, xunto con Xavier Seoane e Pilar Pallarés, na sala Fonseca da Coruña. A ocasión requería que preparara uns textos propios. Procurara a inspiración a camiñar por detrás do Campo do Castro, á beira do río Barcés, na vila de Carral onde vivía. Textos telúricos, claro, pretendida sublimación da natureza e do amor, auténtica chuvia sentimental con poucos aditivos. Son os comezos sempre así: dando un paso.

Cando hai uns meses me vin no seu funeral non puiden evitar pensar que “un dos nosos” era ido. E que moito me pesaba non ter visto nos últimos tempos os seus ollos mentres falaba de literatura.

Share

3 comments to Homenaxe a Xosé Anxo Fernández Roca na Facultade de Filoloxía da UDC

  • Marian

    hace 18 años que lo conoci
    lo he recordado muchas veces en este tiempo porque aquellos años fueron unos de los mas felices de mi vida
    era una persona entrañable y aunque en un momento dado me fallo, lamento su perdida

  • Entrañábel Roca. Que perda tan melancólica, tan taciturna, tan tímida. Que profesor tan lembrábel

  • Ernesto Vázquez Souza

    funeral ??

    Nada sabia. Sinto-o muito.

    Realmente há bem tempo que não percorro as ruas da Crunha. Lembro sempre topar com o professor e os seus olhos curiosos e divertidos pela Praça de Lugo.

    Mágoa, agora que finalmente estava encetando a entender um bocadinho a literatura espanhola do XVII.

    Que afastado ando já nem sei.