Lemos Galego estrea blog

pantallazo-lemosgalego.jpg

Share

3 comments to Lemos Galego estrea blog

  • Non hai nada que desculpar. Se acaso a miña torpeza. Só dicir que o trebello ese de falar con Leco, para min é un arcano. Doulle e doulle aos puntos que amosa e non me fai caso. E des que cambiou o aspecto do blo, case nin podo facer comentarios, por iso acudo a ti, que cando menos me deixas facer comentarios. Moitísimas grazas polos favores. E o clun da calceta gústame como había tempo non me gustaba un libro en galego. Aínda non o rematei porque estou alongándoo. E iso é moito. De novo, grazas a Leco e a ti pola vosa paciencia. Isto de non entender inglés é un atranco, decátome, pero síntome moi preguiceira para poñerme a estas alturas a aprendelo. Bicos e grazas mil.

  • Peke, non desistas. Sucede que comezamos con moita forza a semana e despois nos vimos moi apretados o resto dos días. A partir de agora habemos de atender as túas necesidades, pois estamos encantados de que participes. Ti e todos os que o desexen.
    E disculpa, por favor, a demora na resposta.

  • Ben, rapaces, ou son moi torpe, pero moito moito, ou son moito máis ca torpe. Non sei que pasa que non me deixa rexistrar; por riba como non teño idea de inglés, non me aclaro. Tamén intentei falar con Leco con ese trebelliño que ten no blog na parte dereita arriba, pero non dei. Así que… o meu gozo nun pozo. Seguireivos, de todos os xeitos.