“Plastilina nos pulmóns”, de Santiago Jaureguizar

Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar

Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar, é un libro apresado, infelizmente. Ofrece un nó temático suculento, co atractivo do exótico e do épico, así como da aventura de riscos extremos e da revelación das orixes individuais, o grande misterio, o máis atraínte para todas as idades.

Mais falla nos momentos máis emotivos, cando a descrición das emocións sobrecargadas das personaxes nun clímax sentimental de morte, vinganza e traizón debe ser prudente e estremamente calculada para que non produza falta de verosimillanza; porque nese caso a ficción sucumbe, e unha idea de partida ben levada disfruta da gloria efímera dunha torre de naipes. Si, iso foi a miña experiencia de lector: Plastilina nos pulmóns é unha obra de grande potencial que se derruba a causa dun deficiente cálculo de necesidades estruturais. Infelizmente, a ilusión que xerou en min desde o inicio este edificio ficcional non atinxiu o día da súa inauguración.

Share

2 comments to “Plastilina nos pulmóns”, de Santiago Jaureguizar