Alfredo Ferreiro, Breves

Cultur.gal

Mañá comeza en Pontevedra a Feira do Libro e a Industria Cultural, con catro días por diante plenos de actividades para grandes e novos, para amigos do papel e dos “baites”. Nós habemos de pasar por alí mañá pola tarde, a causa desa tan suxestiva xuntanza sobre cultura e difusión electrónica.

O sábado, aínda que nos pese neste caso morar a unha distancia non despreciábel de Pontevedra, tentaremos asistir á presentanción de Rinocerontes e quimeras, de Marcos Calveiro, un autor que nos merece un seguimento exhaustivo unha vez comprobados os seus esforzo e ambiciónrinocerontes.jpg por escribir no gume dos mundos posíbeis, aquel lugar en que a vangarda auténtica e os espíritos aventureiros non deixan de procurar o perdurábel. Resulta que tamén na arte hai quen prefere os deportes de risco ao balneario.

É que cando vento no ar esas estrañas batallas en que a liquidez emotiva e a solidez lingüística se enfrentan para tentar cocer o lector no seu propio lume, no seu propio suco paixonal, non podo evitar acudir. Porque as literarias son as únicas batallas en que realmente todos poden gañar.

“Pan e circo”, dicían os antigos, que eu ben podería substituír nesta ocasión (como en tantas) por “literatura e gasóleo”.

Share
Standard