María Mariño: unha homenaxe de bairro

p1010003.jpg

Moitos son os eventos do Día das Letras, grandes actos institucionais e seccións específicas dos medios de comunicación que procuran a máxima proxección da figura homenaxeada. Mais hai tamén homenaxes de pequeno formato, actos sensíbeis e humildes que denotan o interese por cultivar as boas relacións no trato diario, veciñal e por veces persoal. Un destes casos é a sinxela homenaxe que a Libraría AZETA (vaia, que curioso: se son os Pelachos os que aparecen np10100023.jpga fotografía!) do noso bairro quixo facer estes días a María Mariño e coa que tivemos a honra de colaborar: a elaboración nun cariñoso presente aos clientes de todos os días. Os consumidores do papel de xornal, do pequeno gasto diario, do saúdo que pinga sen cesar ao longo de todo o ano.

Só se trata dunha pequena publicación de ocasión, editada cos medios dunha pequena libraría de bairro que hai apenas un ano non p1010004.jpgpasaba de quiosque: algunhas fotos de María Mariño, uns datos sobre a escritora, as opinións dalgúns dos clientesamigos da libraría, dous poemas mariano-mariñáns, a lista completa dos homenaxeados no Día das Letras, as novidades editoriais e un par de ofertas vencelladas á letrada celebración.

Máis de cincocentos opúsculos foron repartidos entre os clientes desde o pasado fin de semana. Era curioso comprobar a satisfacción que se deseñaba na face p1010005.jpgda maioría da xente cando era presenteada con esta modestísima publicación. Resultaba evidente que a xente se sentía moi honrada de que pensasen nela de modo tan persoal, através dun xesto que significaba facer descender a máis polida cultura ás súas comúns mans de cidadán sen nome. A poetisa do ano (e digo poetisa e non poeta “para non lle tirar o sexo”, como exixía a grande Natália Correia) era considerada digna veciña de todas as casas. A aposta da libraría p1010006.jpgdo bairro era en definitiva asumir que estes contidos culturais en galego eran do interese dos clientes, sen pretensións, sen ningún preconcepto, con naturalidade. Un xesto xeneroso que consiste e ofrecer letras, as nosas letras á nosa xente. Un xesto intelixente para un comercio pequeno, con interese en personalizar o servizo e dar personalidade á súa oferta.

Este sábado, por exemplo, contemplei como un rapaz espelido de seis anos p1010007.jpgdivulgaba o folleto. Víñamos da Azeta e traíamos aínda quentes os primeiros exemplares cando o Pelacho apañou un e mostroullo a unha rapariga que agardaba diante d’O Corte Inglés. Ela inmediatamente se interesou polo que lle mostraba: “Ah, qué bien, no sabía aún a quien le dedicaban el Día das Letras Galegas. Gracias”, e xa me vin dicíndolle ao Pelacho que lle podía regalar aquel folleto porque tiñamos máis.

p1010008.jpgExperiencias como esta fanme reflectir sobre a visión negativa que tantas veces temos da situación cultural galega. Que temos creatividade resulta patente, mais posuíla e aproveitala ben non son necesariamente a mesma cousa. Creo que debemos acreditar en Nós, mais tamén asumirmos que debemos poñernos dunha vez a dedicar os recursos profesionais necesarios para facer as cousas ben. A Cultur.gal foi un bon exemplo disto. Estou certo que moitas das p1010009.jpgboas ideas que alí se concretizaron naceron do pouco tempo e do esforzo tamaño dalgunha xente consciente. Mais aínda fica moito por facer, ou mellor, case todo: a grande feira da cultura na Galiza.

No Día da Letras Galegas e da Internet, vaian os mellores desexos para todos os axentes culturais do país. Cultivemos sen medo, con todo o amor, o esforzo e o talento de que somos capaces a semente que hoxe temos na man. Non temos máis responsabilidade, nin menos.

Revisión 18/05/207: o 17 de maio tamén é o Día mundial da loita contra a homofobia. Cando a cultura galega atinxa o lugar que lle corresponda, e a súa literatura non precise xa dun día ao ano para reivindicarmos a restitución do seu valor no país, hei de propor mudar o Día das Letras Galegas polo Día da loita contra a homoxeneización cultural, en que se celebre o respecto pola diversidade cultural.

Share

4 comments to María Mariño: unha homenaxe de bairro

  • Ernesto Vázquez Souza

    Que bom! iniciativas desse jeito é que fazem falta e muito levantam os ânimos.

    Parabéns.

    Mas, o problema não está nos criadores. Nunca estivo lá. Na Galiza há qualidade e material humano com uma criatividade mais que demonstrada.

    O problema está no sistema que é dependente. E é dependente em último termo de pessoal com poder e recursos econômicos que nunca vai apostar pelo galego, nem pela cultura galega. Por isso mesmo, porque a cultura galega é criatividade e pensamento: subversão em estado puro.

    Saúde

  • Ernesto Vázquez Souza

    Que bom! iniciativas desse jeito é que fazem falta e muito levantam os ânimos.

    Parabéns.

    Mas, o problema não está nos criadores. Nunca estivo lá. Na Galiza há qualidade e material humano com uma criatividade mais que demonstrada.

    O problema está no sistema que é dependente. E é dependente em último termo de pessoal com poder e recursos econômicos que nunca vai apostar pelo galego, nem pela cultura galega. Por isso mesmo, porque a cultura galega é criatividade e pensamento: subversão em estado puro.

    Saúde

  • Nuova

    Nunha revista de Ferrol, Atenea, un tal Burgoa fusila un texto de Ana Romaní sobre María Maríño que está colgado na rede.

  • Nuova

    Nunha revista de Ferrol, Atenea, un tal Burgoa fusila un texto de Ana Romaní sobre María Maríño que está colgado na rede.