XVIº Certame de narracións breves “Manuel Murguía”

Este sábado 19 de maio foi entregado o premio do XVIº Certame de narracións breves “Manuel Murguía” de Arteixo. A obra gañadora foi Mentras espero, de Miriam Rodríguez Debasa, quen recolleu os 3665 euros prometidos. O xurado estivo composto por Xabier P. Docampo, Isidro Novo e Xesús Manuel Marcos; actuou como coordinador Xulio Mancebo.

Da obra gañadora foi valorado “o seu estilo conciso, frío e ben traballado, así como a construción dun contexto espacio-temporal propositadamente pouco definido desde o que se mostra “a fel do home”, en palabras de Vergara Vilariño” (Marcos).

Premiados, xurado e organizaciónNa sección infantil e xuvenil do Premio, na que tiven a honra de colaborar como membro do xurado, gañou Xaquín Gómez Primo, alumno de primaria d’ A Coruña. Este premio foi concedido por unanimidade; do conto gañador o xurado valorou a grande capacidade fabuladora, pouco común entre os traballos presentados.

p10100051.jpg

No principio e no final do acto puidemos disfrutar o espectáculo poético-musical A caricia da serpe, con Lino Braxe (voz e texto), Miguel Ladrón (guitarra), Rómulo Sanjurjo (acordeón) e Xosé Luis Saqués (percusión). A actuación, que creou un ambiente festivo realmente cautivador (incluída a Negra sombra ao estilo Bob Marley), infelizmente non destacou nin pola altura dos textos nin polos recursos vocais.

Xa cunha copa de branco na man tivemos a oportunidade de coñecer a Paloma Calvo, autora que o 28 de abril presentou no Concello o seu libro de relatos A vinganza da mantis (Espiral Maior), naquela ocasión contando para o evento co Dúo Camándula, que nos ofreceu unhas breves e emotivas versións de acordeón e violino.

Si, señores e señoras, o Concello de Arteixo parece ter xa o elevado costume de unir á literatura o teatro, a música, a canción, a danza… Espero que non o perdan, e aínda que outras institucións reparen na calidade superior dos eventos así deseñados.

Share

4 comments to XVIº Certame de narracións breves “Manuel Murguía”

  • Paloma Calvo

    Foi un verdadeiro pracer coñecerte. Espero que coincidamos en máis ocasións. Unha aperta de plumas.

  • José António Lozano

    Graças, Oulego. Não esqueço, não. Ainda lembro a primeira vez que vim Esperante e o seu castelo em ruinas e foi automático lembrar “A cela de arame”, da que tanto gostara, por certo, Luisa Villalta. Piapaxaro, Ferromolim são nomes que acodem à minha memória. A Fonte do Cervo, onde ia pola agua ferruginhenta e onde há plantas insectivoras. Desde o Courel lembrava ao Novoneyra que conheci e como me dixera que tinha lido o Zaratustra do Nietzsche nos anos 50 num dos seus retiros. Do Courel sairom belissimos e fundos poemas de Maria Marinho, e não é de estranhar!
    Um abraço, Oulego, e também para o teu irmão. Com certeza o destino ainda nos deparará algum encontro

  • É unha honra telo entre os lectores, Oulego.

  • Oulego

    O relato de Miriam é unha magnífica historia sobre a crueldade do home. Tamén me alegrei de coñecelo a vostede persoalmente. Deste blog son asiduo lector. Apertas tamén para Chiqui Lozano, para que non esqueza o seu paso polas terras quiroguesas, ao pé dos meus “tesos cumes”.