O retorno do corazón de Martín Veiga

(VIº Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño)

Non hai presente aquí
nin futuro.
Só está o pasado
crebadizo
con reliquias
torres trabadas polo vento
castelos con pantasmas falsas
canteiras e minas
balorentas
e un pobo impotente
enfermo pola endogamia
a teimar na carcasa
dunha vella canción.”

Así, con estes versos, Martín Veiga culmina a mensaxe que no libro debulla sen abandonar nunca o carozo principal: a dor polo tempo perdido da infancia, aquela época dourada en que a vida ofrecía froitos de sabor intenso, aromas e texturas imposíbeis de emular. A memoria dos tempos idos é o tema principal da obra, a lembranza daquelas vivencias en que a persoa se funda, o tempo en que o eu, aínda permeábel e poroso, se empapa coa densa realidade dunha chuvia e dunha terra mitificadas na madurez. Estes grandes impactos emocionais, como imperecedoiros cráteres dun astro en movemento inerte, son o as pedras preciosas de Fundaxes. Desde un ton esencialmente melancólico, o pasado é un tesouro inaprensíbel (“Quen sabe / o que significa procurar / un tempo inexistente?”) e o presente só se xustifica como soporte da memoria (“Onde a memoria habita / onde aínda permanezo”).

O pasado poetizado semella situarse no contexto dos anos setenta. Non só pola idade do autor, mais polo coñecemento da vida nunha Galiza rural que comezaba a industrializarse. Si, a vida destes rapaces que nos criamos cos aloumiños dunha aínda abondosa xeración de vellos monolingües, os avós de sacho e arado: “As mans endurecidas / polo trato con gadañas / forcadas / fouciños / a importancia outorgada / ás pequenas cousas / que conforman un xeito de vivir un vello país / un país desgastado / o meu”. E o meu, teño que dicir. Porque sinto que fomos fundidos na mesma época, e participamos en certo sentido da mesma aliaxe, sobre todo cando observo as crianzas da xeración seguinte e reparo en todo o que naquelas aldeas vivimos e xa haberemos de transmitir con palabras.

Noutro sentido, o pesimismo inherente a tanta reivindicación do pasado é capaz de ser unha carga emotiva demasiado reincidente ao longo da obra. O verso de sintaxe implacabelmente truncada, como para querer alixeirar co ritmo o pesado contido emocional, xoga en ocasións en contra dos poemas. No entanto, poemas como “Cinza”, ou mellor aínda, “Orixes”, dedicado a Seamus Heaney, constitúen acertos claramente sobresaíntes no contexto da poesía actual.

(Publicado en Protexta. Suplemento de libros da revista TEMPOS NOVOS, 2, 2007)

Share

17 comments to O retorno do corazón de Martín Veiga

  • Agradecemos a referencia, Nhusco.

  • Agradecemos a referencia, Nhusco.

  • Agradecemos a referencia, Nhusco.

  • Señores e señoras:
    Alégrome de ter suscitado a curiosidade en vostedes con esta breve referencia. Os acertos que eu vin poden desfrutarse no libro referenciado, e alí remito os leitores que, por outra parte, poden non concordar conmigo. Os versos apresentados acima poden dar unha idea do ton xeral do libro, e por esa razón foron escollidos. E os poemas citados en baixo, como claramente din a entender, son case excepcionais.

    Que estime que o autor e máis eu “fomos fundidos na mesma época” quere dicir exactamente iso. Non teño o pracer de coñecelo, nin a necesidade, nin desexo evitar tal cousa. Só afirmo que fala dun mundo que eu recoñezo similar ao que viraba tamén en torno da miña infancia.

    Desde logo, non fago críticas por ansias de xustiza, nin sequer para un. Tento ser xusto na miña perspectiva, e esa perspectiva, desde que propia, é a que con esforzo se mantén, porque debe apoiarse en criterios que non bailen a causa de motivacións persoais antes do que literarias. A unha “sinceridade” persoal, subxectiva mais fundamentada, é ao que aspiro como crítico. Mais nada podo ofrecerlles. Un crítico que logra ofrecer un criterio sólido de análise resulta útil como guía ao lector, tanto se se concorda normalmente con el como se acontece todo o contrario. Non lles parece? Sobre algúns aspectos do traballo crítico poden consultar anteriores anotacións, se teñen paciencia: “Sobre a crítica literaria“, “Sobre a crítica literaria II” e “Sobre a crítica literaria III“.

    No relativo á cuestión da verdade e a xustiza, estimo que se alguén fose capaz de atinxir nunha crítica a verdadeira xustiza probabelmente non habería lectores que fosen capaces de recoñecela como tal, e pasaría a ser considerada como plataforma da máis intereseira mentira.

  • and justice for all

    Ben, se é que fostes “fundidos na mesma época”, morra o conto. Por outra parte, por que non describes como son eses acertos de Martín Veiga tan “claramente sobresaíntes na poesía actual”? Que poesía e que acertos?

  • bastonada

    Bravo? tem razão o poema, a endogamia atinge níveis nunca antes vistos.