Alfredo Ferreiro, Breves, Sociedade, Teoria literária

Aos 16 sorprende o mundo editorial?

La Voz de Galicia (disculpen se poden a pésima versión galega que ofrece este xornal): “Un xaponés de 16 anos sorprende ao mundo editorial cunha novela sobre acoso escolar (Firma: Tomás García Yebra | Lugar: madrid)

Ten 16 anos. Chámase Isamu Fukui. Vive en EE. UU. Os grandullones do instituto Stuyvesant de Nova York fixéronlle a vida imposible e xurou vingarse. «é máis intelixente escribir un libro que coller unha metralleta», argumenta. Cando comentou a súa intención de relatar as súas vivencias, os grandullones ríronse del e déronlle algún que outro mamporro. Os seus pais, antes de que escribise War Boys lle regañaban porque non estudaba. Agora, coa aparición do seu libro en España e a súa próxima publicación en EE. UU., Alemaña e Italia, ponlle ojitos. Xa non é un vago. é un xenio.«Nunca fun un estudante modélico», confesou Fukui. «Para min os estudos son unha parcela máis da vida, pero non a principal», argumenta. Ler, o que se di ler, só leu a Tolkien, pero non O señor dos aneis, senón un volume de notas. «Neses comentarios aprendín como se constrúe unha novela», confesa. As súas fontes de inspiración foron as súas vivencias. Para relatar as escenas de acción botou man dos videoxogos. War Boys desenvólvese nunha cidade imaxinaria que se identifica con Nova York. O protagonista é Zyid, o líder da banda, que nunha pasaxe di: «Todos os días condúcennos como gañado ás aulas para obedecer e finxir respecto. Pero esta noite os war boys cambiarán o programa. Esta noite, amigos meus, mostrámoslles o seu gran fracaso, o fracaso de someter á nosa xeración».”War Boys

Esta noticia suscita un feixe de preguntas: Un rapaz de 16 anos sen lecturas pode suplir con talento (?) toda a pericia (!) que se precisa para escribir unha novela? Ter imaxinación é suficiente para escribir unha novela? É suficiente a sabedoría que fornecen os traumas da vida cotidiana para atopar contidos eficaces para un texto artístico? É suficiente ter “algo que contar” para construír unha obra literaria?

A cuestión de se hai unha idade mínima para facer literatura ten unha resposta fácil: nin máxima. Rimbaud aos 18 xa tiña escrito aquilo que pretendía dicir en poesía, así que puido dedicarse a partir dese momento a unha profesión de risco como o contrabando: a inmortalidade estaba asegurada. Ora, percibo a existencia de escritores sen lecturas (?!) como un tema que comeza a ser recorrente. Segundo parece a experiencia cotidiana de calquera individuo minimamente traumado, se contada directamente polo protagonista, non precisa de ningún coñecemento da tradición ou antitradición literarias. O que teñan escrito outros non interesa, os mestres non existen, as obras anteriores non inflúen a quen ninguén recoñece de facto como predecesor.

aventuragraficaloom.jpgMais… repasemos a noticia cando di: “Para relatar as escenas de acción botou man dos videoxogos”. Agora comprendo onde o rapaz aprendeu a estruturar un relato, para alén dun único libriño de Tolkien, por explícito que sexa; onde coñeceu modelos sobre o desenvolvemento das narracións de aventuras; como interiorizou a descrición psicolóxica das personaxes en contextos bélicos; como puido, en definitiva, familiarizarse co “abecé” da narrativa. Como aproveitou toda a “literatura” que tiña aprendido até o punto de sorprender os editores, sexa isto o que for.

É evidente que moitos dos mellores especialistas en Teoría literaria están a traballar onde realmente se gaña diñeiro: a industria do audiovisual. Ese espazo de comunicación artística en que o experimentalismo “fluflú” e de valor autoalimentado non dá un céntimo porque non se apoia en nada semellante ao que os vellos teóricos chamarían universais emotivos ou algo semellante. Que barata vai a vangarda nestes tempos en que a tradición é ignorada!

PS: O autor presentou a novela este 8 de xuño ás 13:00 horas nas FNAC de Barcelona e Madrid ao mesmo tempo, mediante o don da ubicuidade que posibilita unha videoconferencia desde Nova Iorque.

Share
Standard

10 thoughts on “Aos 16 sorprende o mundo editorial?

  1. Na historia da humanidade saen un par de xenios cada tres ou catro xeneracións á luz, eu creo que algún máis queda no escuro.

    Na historia do marketing, saen tres ou catro xenios cada dous anos á luz, logo retornan ó escuro.

    O tempo xa dirá en que historia cabe cada un.

    Unha cousa é certa -para min-, os xenios existen e o marketing tamén. E outra máis, se cadra, hai mais marketing ca xenios.

  2. Na historia da humanidade saen un par de xenios cada tres ou catro xeneracións á luz, eu creo que algún máis queda no escuro.

    Na historia do marketing, saen tres ou catro xenios cada dous anos á luz, logo retornan ó escuro.

    O tempo xa dirá en que historia cabe cada un.

    Unha cousa é certa -para min-, os xenios existen e o marketing tamén. E outra máis, se cadra, hai mais marketing ca xenios.

  3. Na historia da humanidade saen un par de xenios cada tres ou catro xeneracións á luz, eu creo que algún máis queda no escuro.

    Na historia do marketing, saen tres ou catro xenios cada dous anos á luz, logo retornan ó escuro.

    O tempo xa dirá en que historia cabe cada un.

    Unha cousa é certa -para min-, os xenios existen e o marketing tamén. E outra máis, se cadra, hai mais marketing ca xenios.

  4. De todas formas o caso é completamente distinto ao de Rimbaud, que con sete anos non só era un grande lector senón que escribía poemas en latín que poderían rivalizar con algúns clásicos. Despois está o caso de Mozart. Sempre houbo persoas especialmente precoces, aínda que iso, por fascinante que sexa para os demais, non ten porque ser positivo para elas.
    O deste rapaz eu véxoo máis como uhna estrataxema comercial. Hai pouco unha asociación de consumidores alertaba que a figura dos nenos estaba a substituir á da muller en canto á imaxe comercial. A cousa irá máis por esa liña, tamén hai anos venderon en Estados Unidos un libro de poesía dunha nena de 7 anos como unha grande obra.
    Co que non estou conforme é con negarlle ás novas expresións a entrada no sacrosanto recinto da literatura. Obviamente ninguén aprende a escribir novelas (só) xogando aos videoxogos, como tampouco aprende a pintar vendo filmes, ou a facer videoxogos vendo cadros. Porén creo que é un erro atribuir o interese da teoría literaria polo xénero (só) á cuestión monetaria. Os que traballan con videoxogos son tamén os que se ocupan de aspectos que pouco ou ningún beneficio dan, como a performance ou o cinema independente.
    Polo demais o eido audiovisual forma, cada vez máis, parte da nosa experiencia e da nosa cultura, e haberá que recoñecerllo, como a todo, cos seus lixos e as súas obras mestras, e sen obsesionarse cunha “morte do libro” tan temida como improbábel. (Ao meu xuizo, e perdón pola extensión).

  5. De todas formas o caso é completamente distinto ao de Rimbaud, que con sete anos non só era un grande lector senón que escribía poemas en latín que poderían rivalizar con algúns clásicos. Despois está o caso de Mozart. Sempre houbo persoas especialmente precoces, aínda que iso, por fascinante que sexa para os demais, non ten porque ser positivo para elas.
    O deste rapaz eu véxoo máis como uhna estrataxema comercial. Hai pouco unha asociación de consumidores alertaba que a figura dos nenos estaba a substituir á da muller en canto á imaxe comercial. A cousa irá máis por esa liña, tamén hai anos venderon en Estados Unidos un libro de poesía dunha nena de 7 anos como unha grande obra.
    Co que non estou conforme é con negarlle ás novas expresións a entrada no sacrosanto recinto da literatura. Obviamente ninguén aprende a escribir novelas (só) xogando aos videoxogos, como tampouco aprende a pintar vendo filmes, ou a facer videoxogos vendo cadros. Porén creo que é un erro atribuir o interese da teoría literaria polo xénero (só) á cuestión monetaria. Os que traballan con videoxogos son tamén os que se ocupan de aspectos que pouco ou ningún beneficio dan, como a performance ou o cinema independente.
    Polo demais o eido audiovisual forma, cada vez máis, parte da nosa experiencia e da nosa cultura, e haberá que recoñecerllo, como a todo, cos seus lixos e as súas obras mestras, e sen obsesionarse cunha “morte do libro” tan temida como improbábel. (Ao meu xuizo, e perdón pola extensión).

  6. De todas formas o caso é completamente distinto ao de Rimbaud, que con sete anos non só era un grande lector senón que escribía poemas en latín que poderían rivalizar con algúns clásicos. Despois está o caso de Mozart. Sempre houbo persoas especialmente precoces, aínda que iso, por fascinante que sexa para os demais, non ten porque ser positivo para elas.
    O deste rapaz eu véxoo máis como uhna estrataxema comercial. Hai pouco unha asociación de consumidores alertaba que a figura dos nenos estaba a substituir á da muller en canto á imaxe comercial. A cousa irá máis por esa liña, tamén hai anos venderon en Estados Unidos un libro de poesía dunha nena de 7 anos como unha grande obra.
    Co que non estou conforme é con negarlle ás novas expresións a entrada no sacrosanto recinto da literatura. Obviamente ninguén aprende a escribir novelas (só) xogando aos videoxogos, como tampouco aprende a pintar vendo filmes, ou a facer videoxogos vendo cadros. Porén creo que é un erro atribuir o interese da teoría literaria polo xénero (só) á cuestión monetaria. Os que traballan con videoxogos son tamén os que se ocupan de aspectos que pouco ou ningún beneficio dan, como a performance ou o cinema independente.
    Polo demais o eido audiovisual forma, cada vez máis, parte da nosa experiencia e da nosa cultura, e haberá que recoñecerllo, como a todo, cos seus lixos e as súas obras mestras, e sen obsesionarse cunha “morte do libro” tan temida como improbábel. (Ao meu xuizo, e perdón pola extensión).

  7. De todas formas o caso é completamente distinto ao de Rimbaud, que con sete anos non só era un grande lector senón que escribía poemas en latín que poderían rivalizar con algúns clásicos. Despois está o caso de Mozart. Sempre houbo persoas especialmente precoces, aínda que iso, por fascinante que sexa para os demais, non ten porque ser positivo para elas.
    O deste rapaz eu véxoo máis como uhna estrataxema comercial. Hai pouco unha asociación de consumidores alertaba que a figura dos nenos estaba a substituir á da muller en canto á imaxe comercial. A cousa irá máis por esa liña, tamén hai anos venderon en Estados Unidos un libro de poesía dunha nena de 7 anos como unha grande obra.
    Co que non estou conforme é con negarlle ás novas expresións a entrada no sacrosanto recinto da literatura. Obviamente ninguén aprende a escribir novelas (só) xogando aos videoxogos, como tampouco aprende a pintar vendo filmes, ou a facer videoxogos vendo cadros. Porén creo que é un erro atribuir o interese da teoría literaria polo xénero (só) á cuestión monetaria. Os que traballan con videoxogos son tamén os que se ocupan de aspectos que pouco ou ningún beneficio dan, como a performance ou o cinema independente.
    Polo demais o eido audiovisual forma, cada vez máis, parte da nosa experiencia e da nosa cultura, e haberá que recoñecerllo, como a todo, cos seus lixos e as súas obras mestras, e sen obsesionarse cunha “morte do libro” tan temida como improbábel. (Ao meu xuizo, e perdón pola extensión).

  8. En xeral non me fío moito de determinados criterios editoriais, e menos de USA. Lembremos o Código da Vinci, por exemplo. Habería que ler a novela para xulgar.

  9. En xeral non me fío moito de determinados criterios editoriais, e menos de USA. Lembremos o Código da Vinci, por exemplo. Habería que ler a novela para xulgar.

  10. En xeral non me fío moito de determinados criterios editoriais, e menos de USA. Lembremos o Código da Vinci, por exemplo. Habería que ler a novela para xulgar.

Comments are closed.