Premiado poemario contra corrente

Xosé Luís Martínez Pereiro gañou con Os deuses suicidas o VIIº Premio Antonio Prados Ledesma de Viveiro. Do poemario a miña compañeira no xurado Lucía Novas e máis eu temos que dicir que sobresaiu claramente entre os candidatos. De inspiración surrealista, marca un fito nas miñas lecturas de poesía galega actual. Obrígame a viaxar aos noventa, cando eu propio estaba a desfrutar do libertario imaxinario de Breton, Paz, Helder, Cesariny ou António María Lisboa, e a voltar ás lecturas de tempos próximos con Cirlot, Gamoneda e Char, por exemplo. O mellor da poesía moderna sempre foi para min o fruto desa corrente de espiritualismo estético experimental; porque o surrealismo non é unha pose, como moitas sensibilidades superficiais afirman, é o experimentalismo espiritual dos artistas ateus. E como tal sustén unha procura gnóstica profundamente comprometida.pereirocolaxepalamades.jpg

Ora, teño que dicir que o xurado atopou neste poemario un certo “culturalismo”. Lucía facía notar referencias neste senso e eu digo aínda que a actitude xeral, unha vez escollida polo autor esta tendencia estética incanonizábel, informulábel, defende directamente un culturalismo que fai frente á poesía plana que tantas veces cheiramos nos xardíns de hoxe; como se nos estertores a “poesía da experiencia” dese por esmorecer nun social-realismo individualista e confesional que abarata a poesía até o saldo final.

E resulta ademais que do surrealismo (hai que recoñecer que desde que Gamoneda apareceu en escena) a varios membros da xeración dos oitenta oín falar ultimamente en termos positivos, como para tentar realimentar o discurso poético, entendo que de metáforas, claro, despois do que tanto hoxe se publica. E resulta tamén que a criticar o culturalismo vin membros da xeración máis nova, na defensa, semellaba, dunha poesía comprensíbel e interpeladora que faga vibrar na vida cotidiana o cidadán común.

Percibo xa, despois dun tempo a indagar con paciencia para non sucumbir a causa de insostíbeis ansias de polémica, liñas contrarias na poesía actual. Nalgúns casos desexos expresos antes do que consecucións, noutros perspectivas poéticas definidas que se atravesan nun punto de mil posíbeis e non volven encontrarse. Unha hereroxeneidade que adoro, e que me satisfai talvez moi tarde só polos meus ollos non seren capaces de ver o que outros hai tempo desfrutaban. Mais fique aquí esta opinión.

E para celebrar este encontro, nada mellor que homenaxear o Xosé Luís cun poema de René Char, de quen hoxe escoitei dicir a Ana Romaní no Diario Cultural era o centenario do seu nacemento:

Homenaxe e fame

Muller que te acompasas coa boca do poeta, ese torrente de lodo sereno, que o ensinaches, cando aínda non era máis do que semente cativa de lobo ansioso, tenrura dos altos muros lustrados polo teu nome (hectares de París, entrañas de beleza, o meu fogo ascende baixo a saia da fuga), Muller que dormes no polen das flores, deposita sobre o seu orgullo a túa xeada de medium sen límite, de modo que até á hora do toxal de osamentas el continúe a ser o home que para adorarte mellor retrasaba indefinidamente en ti o alvo do seu nacemento, o puño da súa dor, o horizonte da súa vitoria.

(Era noite. Apertáramonos baixo a grande aciñeira de bágoas. Cantou o grilo. Como sabía, solitario, que a terra non había de morrer, que nós –crianzas sen claridade– habíamos logo de falar?)

Os que permanecen, René Char (1945)

Share

14 comments to Premiado poemario contra corrente

  • […] acudín á entrega a Xosé Luís Martínez Pereiro do III Premio de narrativa breve Repsol. Ás 7:15 xa estaba eu na Praza do libro, onde puiden […]

  • […] Do amigo Xosé Luís Martínez Pereiro chéganos este postal, para a reflexión sobre o que somos e o que queremos mellorar. […]

  • […] Onte acudimos á entrega de premios do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, organizado polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene e apoiado polo Concello de Fene. O premio este ano foi gañado por Valentina Carro Padín (1984) co poemario titulado Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina. A poetisa, aínda que non puido presentarse para recoller o premio, protagonizou o acto cunha montaxe lúdico-literaria que agradou o auditorio: unha caixa sorpresa con diversos materiais e funcións que implicou os presentes nun exercicio de azar creativo que deparou nun texto lido polo seu representante. Felicitamos desde aquí a Valentina polo premio e o seu espírito creativo, e agardamos a lectura dun seu poemario anunciado como recuperador das vangardas históricas. Facto que nos fixo lembrar que este ano o libro premiado en Viveiro foi un claro alegato pola vixencia da estética surrealista. Será que a vangarda que non tivemos na altura en que si tiveron os sistemas literarios normalizados periodicamente asalta a nosa poesía como unha necesidade non satisfeita? Ao tempo, lembrei as miñas primeiras incursións na poesía nos noventa como unha tentativa feroz por imbuírme do espírito libertario surrealista através do exercicio da escritura automática: […]

  • Con certeza, Ernesto. E tamén o viaxeiro Henri Michaux e o agudo Raymond Queneau; a poderosa Natália Correia, o lúdico Alexandre O’Neill e o, unha miga máis recente en Portugal, subtil Armando Silva Carvalho.
    Na Galiza foi un verdadeiro descobrimento para min a obra de Manuel Vilanova E direivos eu do mister das cobras (1980), que patentea esta liña máis claramente que outras obras de X. M. Álvarez Cáccamo ou Baixeras, entre outros nesa altura. Entendo que esta de Vilanova foi a que orixinou que alguén dixese que na década de 80 na Galiza “Herberto Helder foi imitado até a saciedade”, afirmación que infelizmente non pode sosterse. A maioría preferiu imitar ao Neruda máis superficial (“Me gustas cuando callas porque estás como ausente”), e así nos vemos nunha situación en que a vangarda, mesmo no sentido máis tradicional (por moi contraditorio que pareza) semella ser precisa para a evolución das poéticas deste novo principio de século.
    A nova obra de Vilanova A esmeralda branca, que Caneiro reclamaba hai só uns días como silenciada, é como mínimo impresionante: 525 páxinas na Follas Novas, editora que tan dificilmente atinxe a nosa libraría. Porén, a primeira impresión dunha breve olladela parece indicar que circula por camiños máis, en termos xerais, convencionais.

  • Ernesto

    Alto lábio poético.

    Eu com Cesariny, Cirlot, Gamoneda e Char, meteria a Julien Gracq e a Cunqueiro (este último a poder ser trajado como Fanto Fantini della Gerardesca, senhor do escape e a fantasia, veloz como raio desde a nacência).

    Um interessante pensamento do rebelde e surrealista senhor de Argol que talvez gosteis:

    http://www.jose-corti.fr/titresfrancais/gracq-familiarite.html