“Punver”, por Yolanda Castaño

p1010040.jpgEstivemos este sábado pasado na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil d’ A Coruña. Nun día de chuvia como aquel o propio era ter unha desculpa para non pasar todo o día na casa, e nada mellor que a presentación dun libro infantil para acudirmos toda a familia (desde logo isto último non é un requisito importante para facermos un pleno familiar, pois xa na anterior presentación do Merzbau dos irmáns Creus tiña asistido a familia ao completo). Nesta ocasión osp1010049.jpg protagonistas eran a escritora Yolanda Castaño, o ilustrador Eduardo Hermida e o bichiño do libro Punver, cada día máis e máis coñecido no mercado galego. Á lectura coloquial de Yolanda, que o público non deixou de atender sen pestanexar, seguiu un obradoiro de deseño sobre o tema da obra. Dóce sesión de literatura e deseño en que os nenos oíron, crearon e todos desfrutamos.

Share

Comments are closed.