A primeira Fnac da Galiza

fnaccoruna_inaug.JPGHai un par de días inaugurouse a Fnac da Coruña. Do contido da tenda pouco poderei contar polo momento porque entre os oitocentos convidados, que contaba a organización e os mil e bastantes que calculamos, media unha diferenza suficiente para que só a sección de DVDs musicais deixase ben á vista o material exposto. Canto á xente, resultaba orixinal, divertida e, sobre todo, completa, a mestura de representantes culturais congregados. Foi un evento para os produtores e para os actores. Para os músicos e para os escritores. Para os cantantes e para os políticos. Para os comerciantes e para os editores. Para os xornalistas e para os xestores… Hmmm, creo que algún vai repetido, non?

A discusión da noite estivo centrada en dilucidar quen son os maiores beneficiarios e prexudicados pola chegada de Mr. Marshall. Os focos de debate máis acalorado xiraban en torno a se o advenimento da gran industria do ocio a unha pequena e fachendosa cidade acabaría antes co pequeno negocio de barrio ou coas “grandes” librarías da cidade.

Polo que me contan, o posto de coordinador cultural da entidade, cobizado e solicitado por moitas figuras da cultura de todo o país, foi parar ás mans dunha muller que vén de Madrid. Ante a disxuntiva de contar con alguén que coñeza o ámbito galego e non o madrileño ou alguén que coñeza o madrileño e non o galego, a nobreza segue a vir de fóra.

Share

41 comments to A primeira Fnac da Galiza

  • prohombres

    Grazas polo consello.

  • prohombres

    Grazas polo consello.

  • Prohombre: ademais de chamar ao Blogomillo enteiro “papanatas” agora insinúa que son analfabeto. Creo que vostede non controla o alcance das súas palabras, e iso constitúe un problema que sen dúbida debería resolver se pretende entrar en debates públicos.

    Señores e señoras: o interese dun cruce de improperios resulta nulo. De seguirmos nestes termos non se admiren de que non conteste e/ou anule comentarios a partir de agora.
    Grazas pola súa comprensión.

  • córcholis

    Así que camiño a seguir, non é?: El Corte Inglés.

  • córcholis

    Así que camiño a seguir, non é?: El Corte Inglés.

  • prohombres

    Esaxero, esaxero, pero ninguén chamou papanatas a ninguén.

    No canto de ir de tendas, aprenda a ler.

  • Creo que exaxera, Prohombres, e que o tempo que lle dedica ás empanadas non lle permite observar que o Blogomillo simplemente referenciou unha novidade do mercado cultural. E non creo que un verdadeiro “prohombre” da cultura vexa ningún interese en chamar “papanatas” e similares a todo o mundo, sen demostrar con obras propias cal é o camiño que realmente interesa seguir.

    Por iso mesmo: ao que parece, a apertura da FNAC foi o único que sucedeu no campo cultural galego no último mes, de atendermos ao simpático blogomillo.

    Menos papanatismo, máis empanadas.

  • Mara: si que é moi mal humor andar insultando todo o mundo, até os que segundo vostede son vítimas dun engano vampiresco. Será que o que acontece en todos os sectores económicos é menos aceptábel para ti na cultura? Repara en que para unha empresa tanto fai vender chourizos que libros, iogurtes ou pentes: do que se trata é de gañar cartos, ou non é ese o principio do capitalismo? Por que che molesta isto máis nos libros que nas medicinas ou nos alimentos?
    Penso tamén que non debemos mesturar cultura con negocios. Poden facerse negocios coa cultura, e até hai quen pensa que é necesario nestes tempos para atinxir a visibilidade que nos pomos como meta. Mais esta visibilidade é pola cultura ou polo negocio persoal? Insisto en que negocio e cultura non son o mesmo, ora quen pretenda vivir da cultura terá que facer por atopar a fórmula do seu negocio. E iso significa danzar no mercado coas regras do mercado.
    Por outra parte, o negocio non defende a cultura nen a ofende: simplemente está noutro plano. Cultura é creación, deseño, produción de ideas que axudan a vivir na selva partillada do cotidiano e o misterioso, coa esperanza dunha nova comprensión do mundo ou un novo motivo para sorrir cada día. Así surxe a necesidade de escribir para outros, e por iso outros deseñan coreografías ou manchan pentagramas. E iso acontecerá sempre, para alén de que a cobiza de outros pretenda tirar vulgares beneficios económicos de tan sublimes esforzos.

  • Mara

    ¡Pero si estamos falando do mismo! Estamos falando de fillos de puta, o de menos é a nacionalidade, o do francés é un xogo de palabras. Esas macroempresas da “cultura” só contribuyen ó deterioro dun sector xa de por si perxudicado provocando unha situación monopolística e cerrada á libertá empresarial e cultural que debería ser o principal argumento dun sector tan básico en unha sociedá moderna e pluralista, como o cultural.
    Os cartiños destes anxeliños descerebrados (mui contentiños todos porque as multinacionais vanlles salvar a vida) van para uns millonarios franceses que venden o que xa vendemos aquí. Distinto é o caso de productos que non fabricamos nos, pero ¿distribución de libros ou de discos? Cerrarán tendas da coruña para alimentar e potenciar as pésimas condicions de traballo dos empleados de estas multinacionais. Salarios baixos, horarios altos e contratos basura, enterádevos do que
    ocurre en outros Fnac de España.
    ¡Ah! e non é mal humor, é simplemente unha mixtura de desprecio con vergonza allea. “Americanos, os recibimos con alegría” está mui ben nas películas de Berlanga.

  • “Un pobo esquirol e servil, chusma” por permitir a instalación dunha multinacional n’A Coruña? Eu traballei para un industrial siderúrxico galego durante os catro primeiros anos dun novo proxecto empresarial. Apañou cartos de Bruxelas, de Madrid, de Santiago e dos obreiros aos que pediu que non exixisen os mínimos do convenio para erguer a empresa que os había de alimentar a todos. É de Bergantiños o home, un veciño que gustaba de traballar “para os seus veciños”. Agora pasaron cinco anos e vendeu o grupo de empresas cando ten multiplicado a inversión por cen co apoio de obreiros e cidadáns (unha das empresas rende 300.000,00 euros netos diarios). E lava as mans no pilón, e até se sente máis listo cos estudos primarios que ten que todos eses universitarios das multinacionais. E desde logo é máis rico que a maioría deles, mediocres accionistas de ocasión.
    Non temos que facer un francés, Mara, cando sabemos chupala tan ben en galego. E non fai falta que veñas ti a insultarnos porque a estas alturas non nos descubres nada.
    Por certo, a empresa que comprou o grupo bergantiñán son os mesmos cataláns que desmantelaron a siderúrxica de Teixeiro para vendela por pezas a Indonesia e mandar a todos á rúa nos anos oitenta.
    Tanto mal humor espero que a ti che sirva de algo, compañeira, pois para nós, cocidos como estamos, xa chega tarde. Buscamos outras fórmulas para saír adiante.

    Un podería pensar que o peor que lle pasa a un país son os incendios, os vertidos de petróleo, o tercermundismo ou a fame. Pero aínda hai cousas peores: un povo esquirol e servil, chusma en definitiva.
    Pringados suplicando por unha multinacional que ven cargada de traballo en precario, competencia desleal, que se limpian o cu coa cultura pa diante e patrás.
    Que intentan abrir en Alemania e os botan a patadas porque saben cuidar do seu, que acaban de despedir a máis de 300 traballadores en Francia, que leva anos á venta e non sigo porque esto xa é mui largo. Só dígovos unha cousa: Facer un francés a un francés é unha redundancia, pero en fin, sodes patéticos.

  • Creo que de nada serve ser tan determinista, señor ou señora “inquisidora”. Do que se trata é de procurar sermos merecentes de algo mellor.

  • Pois de momento estivo onte Xabier Díaz facendo unha presentación…

    http://www.culturagalega.org/mega/axenda_detalle.php?Cod_axnda=119

  • pregunta

    Cobra vostede por facer publicidade dunha multinacional?

    Cada páis ten a cultura que merece.

  • Son pesimista respecto á programación cultural que vai ter a FNAC na Coruña. Terá moito de dinamizadora pero non penso que se preocupen nin un pouco pola cultura galega (o tempo dirá, claro, haberá que darlles marxe)
    E eu din hoxe unha volta e… se non espabilan faralle dano a todos pero penso que mais ás librarías do centro. Na sección de BD por poñer un exemplo había unha selección moi boa e ampla, non tan boa coma pode haber nunha leibraría especializada coma Alita na mesma Coruña, pero abondo para un lector ocasional ou algo mais. ¡E cun 5% de rebaixa!
    Se non espabilan, malo para eles e tamén para nós que seremos clientes obrigados das cadeas de distribución un pouquiño mais.