François Davó, Sociedade, Tradição, Tradução

O San Xoán por François Augiéras

Propomos para este día, resaca de lumes internos e externos, o lavado ritual da face con este texto que nos envía François Davó, grande poeta, crítico perspicaz e temperado intelectual que temos a honra de contar entre os amigos. Desde hoxe, máis un valioso colaborador d’ O levantador de minas.

[Dende un bosque preto de Domme, ao pé de covas habitadas na prehistoria, na beira do río Dordogne, François Augiéras observa os preparativos da noite de San Xoán.]

O crepúsculo loita e sae victorioso contra a feble noite. (…) O mundo é máis fermoso que de costume. Os Humanos non o ven, tan ocupados en edificar nunha praza unha fogueira, coa alegría dos verdugos preparando autos de xustiza. E como van estar ledos, tan covardes como son? Dende os bairros chega un rumor como de 14 de xullo; axiña un sacerdote virá abenzoar, santificar, tolerar… unha discreta festa en honor ao apoxeo das Forzas do mundo. Cando alguén acepta semellante estafa, traizoado por unha relixión allea a Europa, pois eu comprendo que estea triste. Que unha xente, a maioría labregos ou aldeáns aínda apegados á terra, ligados polas fibras do seu ser á Terra-Nai, ás segas, as vodas, aos emparellamentos… moitas veces dos máis libres, ao sopro da vexetación, acepten que sexa ridiculamente disfrazada de festa dun Evanxelista medio tolo que predicou na illa de Patmos, resulta ser un espectáculo lamentábel que me suscita odio.
Uns rapaces tiran petardos que estalan no chan das rúas. A xente vai camiño da fogueira acompañada por un cheiro a lume barato. Pobre xente, pobre pobo privado polo Cristianismo de todas as crenzas que foran a súa razón de ser, a súa lediza, a súa dignidade! E mira ti en beneficio de que relixión! A dun Cristo que só existiu na imaxinación dalgún neurótico. Xesús: un carpinteiro que se mete coa xente nas rúas de Xerusalén, dicíndolles ao oído: ti vés conmigo, ti ámasme… como un magrebí en paro exercendo a prostitución, á noitiña, nás rúas de Marsella! Unha sabedoría antiga lentamente elaborada durante milleiros de anos, e a mensaxe antiga dos Deuses do ceo destruída e desprestixiada por unha relixión residual, que non é máis que o Reader’s Digest das grandes iniciacións. (…) Unha sabedoría antiga, unha mensaxe primordial salvadas parcialmente, século tras século, por xudeus iniciados, por Nós, polos alquimistas e os meigos de aldea, torturados até a morte, queimados vivos, encerrados no gueto! Os arquivos todos tirados ao lume, os dolmens derrubados ou ornamentados por unha cruz sacrílega, a lembranza da protohistoria divina dos Humanos antigos e dos Fillos dos Astros perdida voluntariamente, calquera coñecemento dos misterios sagrados prohibido! (…)

François Augiéras (1925-1971) Domme ou l’essai d’occupation, (escrito en 1970, publicado en 1990, Editions du Rocher). Tradución de François Davó.

Share
Standard

16 thoughts on “O San Xoán por François Augiéras

  1. Ramiro says:

    Interessante texto, dando-nos desde o São João uma aperta de lume e iniciação na permanente descoberta em que sermos. Em que conhecer melhor a tradição oculta que aguarda o nosso abraço livre.

  2. Ramiro says:

    Interessante texto, dando-nos desde o São João uma aperta de lume e iniciação na permanente descoberta em que sermos. Em que conhecer melhor a tradição oculta que aguarda o nosso abraço livre.

  3. Ramiro says:

    Interessante texto, dando-nos desde o São João uma aperta de lume e iniciação na permanente descoberta em que sermos. Em que conhecer melhor a tradição oculta que aguarda o nosso abraço livre.

  4. Ramiro says:

    Interessante texto, dando-nos desde o São João uma aperta de lume e iniciação na permanente descoberta em que sermos. Em que conhecer melhor a tradição oculta que aguarda o nosso abraço livre.

  5. Impresionante iso d’ “unha sabedoría antiga lentamente elaborada durante milleiros de anos, e a mensaxe antiga dos Deuses do ceo destruída e desprestixiada por unha relixión residual, que non é máis que o Reader’s Digest das grandes iniciacións”. Desde logo é un ateo que me vai interesar.

  6. Impresionante iso d’ “unha sabedoría antiga lentamente elaborada durante milleiros de anos, e a mensaxe antiga dos Deuses do ceo destruída e desprestixiada por unha relixión residual, que non é máis que o Reader’s Digest das grandes iniciacións”. Desde logo é un ateo que me vai interesar.

  7. Impresionante iso d’ “unha sabedoría antiga lentamente elaborada durante milleiros de anos, e a mensaxe antiga dos Deuses do ceo destruída e desprestixiada por unha relixión residual, que non é máis que o Reader’s Digest das grandes iniciacións”. Desde logo é un ateo que me vai interesar.

  8. Impresionante iso d’ “unha sabedoría antiga lentamente elaborada durante milleiros de anos, e a mensaxe antiga dos Deuses do ceo destruída e desprestixiada por unha relixión residual, que non é máis que o Reader’s Digest das grandes iniciacións”. Desde logo é un ateo que me vai interesar.

  9. Que interesante o texto e que interesante e intenso o estilo, que se me antolla case imposíbel hoxe en día, na época dos produtos de aparencia politicamente correcta.

  10. Que interesante o texto e que interesante e intenso o estilo, que se me antolla case imposíbel hoxe en día, na época dos produtos de aparencia politicamente correcta.

  11. Que interesante o texto e que interesante e intenso o estilo, que se me antolla case imposíbel hoxe en día, na época dos produtos de aparencia politicamente correcta.

  12. Que interesante o texto e que interesante e intenso o estilo, que se me antolla case imposíbel hoxe en día, na época dos produtos de aparencia politicamente correcta.

Comments are closed.