Alfredo Ferreiro, Breves, Música

Nace a blogo-radio galega

Radio Blogaliza é un novo proxecto vinculado ás artes que consegue concretizarse no Blogomillo, demostrando máis unha vez que as ansias de conectar a nosa cultura co presente atopan un fértil recurso nas novas tecnoloxías da información: “RadioBloGaliza é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende fomentar a música feita en Galiza, nomeadamente a música libre ou difundida masivamente polos seus creadores en internet. RadioBloGaliza consta dunha páxina web, que presenta información instantánea sobre a música e programas que están sendo emitidos ao vivo e que permite votar as cancións, asícomo dun fluxo de son que pode ser escoitado en calquera reprodutor co codec adecuado. Emitimos na rede unha corrente de audio en formato Vorbis OGG codificada en stereo a 48000Hz e a unha taxa de datos de 96Kbps. […] A radio traballa integramente con software libre e/ou de código aberto. […] Todas as cancións incluídas no noso arquivo proveñen da propia WWW e foron publicadas no seu momento polos propios artistas, os seus representantes ou as súas discográficas. Todos os temas foron colocados por eles para a súa descarga libre e gratuíta, a disposición da comunidade, procurando unha distribución masiva dos mesmos para lograr difusión e publicidade. Iso mesmo é o que nós pretendemos con este proxecto, impulsar a rede como plataforma de posta en valor da creación musical galega, contribuíndo de paso a rachar cos tópicos negativos que asocian internet e pirataría.” (Radio Blogaliza)

O meus máis sinceros parabéns aos responsábeis deste novo espazo en galego.

Share
Standard