Alfredo Ferreiro, Breves

Marina Mayoral e o seu crime

p1010127.JPG

Foi no predio recentemente estreado do Mercado Eusebio da Guarda d’ A Coruña, ás oito da tarde. O grande espazo que a Fnac di ofrecer para estes eventos pemitía a vinte persoas estar sentadas e outras dez de pé. Cheo absoluto, por tanto.
Falou Manuel Bragado por Edicións Xerais sobre a autora que veñen publicando desde hai xa vinte anos e a nova novela, Case perfecto, publicada ao tempo en castelán (Casi perfecto, Alfaguara, trad. da autora). A continuación Ana Abelenda (chamada pola Fnac como xornalista e crítica literaria) ofreceu unha panorámica da obra de Mayoral para logo comandar unha entrevista ao vivo. Deste modo a autora tivo oportunidade de manifestar ante o público en que sentido a novela podía ser autobiográfica, a orixe da mesma, e as súas opinións sobre a imaxe social da muller escritora, a compatibilización da escritura e a familia, os supostos gustos masculinos á hora de escoller un tipo de muller e as motivacións persoais como escritora. Tanta foi a información ofrecida desde a mesa que non foi de estrañar que os asistentes non precisasen facer ningunha pregunta. Nada pareceu ficar no tinteiro.

Share
Standard

5 thoughts on “Marina Mayoral e o seu crime

  1. Pingback: Order phentermine.

  2. Rógolle perdoe a demora na aparición do comentario. Tiven que recollelo do balde do “lixo”. Parece que o antiespam neste formato é moito máis exixente.
    Agrádame que guste da mudanza.

  3. Nada podo contar salvo o que alí se dixo. Eu non lin o libro aínda, e non acostumo a falar con palabras de outros, por moito rumor que xa perciba. Sinto non poder satisfacer esa demanda, Peke.

Comments are closed.