O novo deseño d’ Oldm

tonga_nativa.jpg

Este é o novo deseño co que se vestirá a partir de agora O levantador de minas. Pode que esta mudaza só teña nacido dun simples impulso, mais o caso é que unha mudanza hai tempo que se estaba a xestar nos corpiños serpentinos dos nosos miolos.
As posibilidades formais reducíanse basicamente a dúas: a) evoluír para un aumento da información nunha primeira vista de ollos, ofrecendo un escaparate miscelánico que aproximaría o blogue dunha revista convencional; b) voltar ás orixes dos blogues e presentar un formato de diario de rota polos mundos da literatura, neste caso a varios pares de mans. Isto foi o escollido, coa intención de dar a máxima relevancia ás plumas dos nosos colaboradores.
Así as cousas, a ocasión merecía apostarmos por un estilo case minimalista. Esperamos que gusten.

Share

19 comments to O novo deseño d’ Oldm

  • X

    Marabilloso, atopei baixo o nome do blog todos os seus links, ese tesouro.
    E tamén a información sobre os colaboradores.
    Mais a pestana de navegación non vai, iso é todo ou tería que ver algo máis?
    Grazas por adiantado e saúdos a toda a familia.

  • Moitas grazas por continuar a ser lectora d’ Oldm, selvática amiga. O novo formato pretende clarificar e dar toda a importancia aos contidos dos colaboradores.
    Se clica na pequena pestana negra superior (“navigation”) poderá acceder a todos os recursos informativos do blogue.

    Ata hoxe aínda non pasara por aquí, ultimamente por falta de tempo dedícome máis á contemplación exclusiva do embigo propio. Ademais, Oldm non é un lugar para visitar a correr, quere o seu tempo, senón mellor non vir.
    A min gústanme moito os formatos con fondo branco, nese sentido estou encantada co novo Oldm. Aínda así un par de melloras posibles:
    1) A falta da súa marabillosa lista de links, moitas veces a visita a Oldm é aeroporto para outras viaxes, como as farei agora?
    2) A ventá na que se escriben os comentarios e de dimensións mínimas minimísimas, francamente incómoda.
    3) A falta dalgún xeito de buscar post por levantadores.
    4) Esta xa é por teima propia, as fotografías un chisco máis grandes.
    Parabéns por seguir a construír esta tan boa obra.
    Saúdos.

  • Ramiro

    Gosto também deste novo formato: mais elegante e sóbrio, como recolhido na expectação pelas palavras.
    E com François, bom proveito para tod@s.

  • Desculpen todos a demora na aparición dos comentarios. Tiven que apañalos do balde do “lixo”. Parece que o antiespam neste formato é moito máis exixente.
    Apráceme que gusten da mudanza.

  • françois

    Noraboa Levantador. Grazas por invitarnos a esta nova mesa de pano branco. Velaquí estamos, con apetito. Bo proveito para todos nós.

  • A concisión é sempre importante e no deseño éo moito máis. Eu penso que acertástedes.

  • José António Lozano

    Graças, Alfredo. Gosto deste novo desenho. Há como uma sobriedade e estilização inspiradora, para além de ser mais funcional.
    Uma aperta

  • Eu si. Se cadra o tipo un pouco pequeno, pero máis grande ha de ser menos fermoso. Quedoulles ben juapo.