Alfredo Ferreiro, Música

O “Gran Can” en Collado Villalba

p1010146.JPG

Este martes estabamos alí, ás nove e media da tarde, e o Santiago Auserón (Juan Perro noutras lides) semellou agardar por nós os trinta minutos de cortesía que precisamos despois de ternos perdido catro veces entre Emes 30 e 40, saídas para Alcobendas e Aeroportos “de tafur”. Mais á hora das horas alí estabamos Tati, os Pelachos e máis eu como alegres receptores dun presente moip1010134.JPG especial: unha asombrosa mestura de talentos con adubo de jazz e carne de canción popular actual. O concerto de Santiago e a Original Jazz Orquestra do Taller de Músics de Barcelona foi tan bon como esperabamos despois de ter escoitado o anterior de Madrid.
Aínda que nos criamos probábel poder falar con el, pois non tiña acusado recepción do noso anterior aviso via e-mail, fomos até a porta vixiada e tentamos que lle entregasen a nosa tarxeta coa pretesión de saudalo persoalmente. De alí a pouco unha incrédula e amábel muller voltaba anunciando que podiamos pasar até o camerino. Un breve encontro durante o tempo de beber unha Mahou e os Pelachos picaren uns anacos de queixo.
p1010145.JPG Tan cordial e compañeiro como sempre, confirmounos o seu interese por voltar á Galiza en 2008. Para alén do que as xiras convencionais lle requiran, neste caso falamos dunha actividade pouco convencional que nunca até agora quixera aceptar, mais que unha oferta nova fixo que só agora se comprometese.
De volta a Madrid, a satisfacción era plena e o amigo-anfitrión que tivemos pendurado do móbil evitou que acabásemos o gasóleo antes de chegar a San Chinarro. Os barcos galegos de “La misteriosa” -escrita durante unha súa estada en Ribeira- acompañábannos na cálida noite mesetaria:

Brilla en la noche
Estrella hermosa
La que sólo yo veo
La misteriosa

Callo tu nombre
Rosa de fuego
Porque no te conozcan
Los marineros

Rompen las olas
Barcos gallegos
A la pesca del norte
Van de Marruecos

Vuelven las redes
Rotas de pena
Vacías de pescado
Que no hay faena

Ya no se embarcan
Los marineros
Porque el mar está lleno
De niños muertos

Hartos de ingenios
Andan los cielos
De señales oscuras
Y de ojos ciegos

Al horizonte
Van mis anhelos
Pero no se divisa
Faro ni puerto

Vuelvo mis ojos
Hacia las olas
Por si traen reflejada
Tu imagen sola

Share
Standard

5 thoughts on “O “Gran Can” en Collado Villalba

  1. Pingback: O Levantador entrevista a Santiago Auserón : O levantador de minas

  2. Pingback: Santiago Auserón falou para O levantador : O levantador de minas

  3. Pedro Casteleiro says:

    Bonita canção. Agradeço-vos que me lembreis a um tão bom músico e tipo verdadeiramente interessante a quem a gente como eu deve um bom par de canções, de sonhos, direi.

Comments are closed.