Alfredo Ferreiro, Breves

Dous libros galegos na lista da IBBY

Por cortesía de Martin Pawley temos coñecemento da seguinte noticia:
«O IBBY (Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil) vai incorporar dous libros publicados por KALANDRAKA na súa Lista de Honra. Na modalidade de autor foi seleccionada a obra de Manuel Janeiro, “Pucho, o habitador dos tellados”, e na categoría de tradución o título incluido é “29 historias disparatadas”, traducida ao galego e ao castelán por Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyerkalandraka2.jpg.
Estes títulos vanse expoñer no vindeiro Congreso do IBBY, que se celebrará en Copenhague en setembro de 2008. A Organización tamén os dará a coñecer durante a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia, na súa edición de 2009.
KALANDRAKA destaca a importancia de que dous galegos, o escritor Manuel Janeiro e a tradutora Susana Fernández, acaden esta distinción polo seu traballo. No caso de “Pucho, o habitador dos tellados”, esta novela foi galardoada recentemente co Terceiro Premio Nacional de Edición 2007 na kalandraka1.jpgcategoría infantil-xuvenil polo Ministerio de Cultura. En canto a “29 historias disparatadas”, é o terceiro título dunha triloxía de libros de relatos da autora alemana Úrsula Wölfel, da que forman parte “27 historias para tomar a sopa” e “28 historias para rir”, traducidos igualmente por Susana Fernández e Franck Meyer.
A Lista de Honra do IBBY parte da proposta dun xurado seleccionador, formado por representantes das catro seccións que integran a Organización Española para o Libro Infantil (Oepli), que consta da
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), o Consello Xeral do Libro Infantil e Xuvenil, o Consell Català del Llibre per a Infants i Joves, e Galtzagorri Elkartea, correspondentes aos apartados en lingua galega, castelá, catalana e vasca, respectivamente.
A Lista de Honra do IBBY é unha selección bianual da producción literaria máis destacada de cada país, que recolle a obra de autores, ilustradores e tradutores de renome. É un dos catálogos máis recoñecidos e extendidos do mundo. Os libros que inclúe teñen a consideración de seren o mellor da literatura infantil e xuvenil en todo o mundo, polo que son material de referencia para os programas educativos e literarios que desenvolven escolas, bibliotecas, institucións culturais e relacionadas coa animación á lectura.
Ademais de exhibirse nos congresos do IBBY e nas principais feiras internacionais do sector, estas
coleccións quedan expostas de forma permanente na Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich, no Instituto Suízo dos Medios Infantís e Xuvenís, no Centro de Investigación Bibiana de Bratislava, na sección do IBBY de Tokyo e na Biblioteca da Universidade Noroeste de Evanston, en Illinois (EEUU).
Dende a súa fundación en Suíza en 1953, o IBBY vén traballando -a través dos 60 países integrados na organización- na promoción do libro e da lectura en todo o mundo, especialmente nos países menos favorecidos, procurando que a literatura infantil e xuvenil actúe tamén como un medio para favorecer o entendemento entre países, ademais de impulsar a investigación académica neste ámbito.»

Share
Standard

7 thoughts on “Dous libros galegos na lista da IBBY

  1. Vaia 🙁 É a segunda persoa que mo di. Debeu ser por activar o atrapaspam, que fai uns filtros moi tupidos. Acabo de modificarlle algunhas opcións, a ver se agora xa pode.
    Beixiño para o Leo

  2. Vaia 🙁 É a segunda persoa que mo di. Debeu ser por activar o atrapaspam, que fai uns filtros moi tupidos. Acabo de modificarlle algunhas opcións, a ver se agora xa pode.
    Beixiño para o Leo

  3. Vaia 🙁 É a segunda persoa que mo di. Debeu ser por activar o atrapaspam, que fai uns filtros moi tupidos. Acabo de modificarlle algunhas opcións, a ver se agora xa pode.
    Beixiño para o Leo

  4. Vaia 🙁 É a segunda persoa que mo di. Debeu ser por activar o atrapaspam, que fai uns filtros moi tupidos. Acabo de modificarlle algunhas opcións, a ver se agora xa pode.
    Beixiño para o Leo

  5. Pingback: O Trasno Viaxeiro » Homenaxe a Fontanarossa e novas literarias

  6. Pingback: O Trasno Viaxeiro » Homenaxe a Fontanarossa e novas literarias

  7. Pingback: O Trasno Viaxeiro » Homenaxe a Fontanarossa e novas literarias

Comments are closed.