Harry Potter foi traducido en tres días

En só tres días desde a súa publicación en inglés apareceron na rede traducións do derradeiro Harry Potter ao portugués do Brasil e a castelán, froito do traballo de dous grupos de internautas ben organizados. Mercaron as copias necesarias, escanearon todas as súas páxinas, repartiron os arquivos para a súa tradución e puxéronos á disposición dos lectores en tempo récord. O portal brasileiro xa foi pechado mais a tradución castelá segue a ser descargada por curiosos impacientes que non esperan unha tradución literaria de calidade profesional senón só información sen formato.

Share

3 comments to Harry Potter foi traducido en tres días

  • Harry Potter ou a história de cando se prohibiu ler algo que xAa tiñas mercado. Richard Stallman e a campaña Harry Potter

  • O inevitábel reino da cantidade, aquel que nos permite agora comunicarnos con tanta facilidade e até xa con programas libres e gratuitos que xentes sen vontade de riqueza cuantitativa fixeron. Ou aquel que permite xuntar unha a unha as axudas necesarias de vulgares e filósofos até conseguir o suficiente para construir un humilde pozo onde nen auga hai. Ese reino en que os vulgares homes tentamos progredir e aínda temos tempo para sorprendernos dos esforzos dalgúns para axudarnos, sen chegarmos a saber ben por que.

  • Pedro Casteleiro

    Curioso. O reino da quantidade.