Gilberto Gil por unha arte libre

O brasileiro Gilberto Gil (cantante e Ministro da Cultura) afirmou en Milán que a cultura e a música deberían ser libres e compartíbeis como o software Linux. Atópase agora en Italia, onde actuará hoxe no Festival latinoamericano de Assago.
Gilberto está por reformar o dereito de autor porque é imposíbel defender o existente, e mellor será procurar novos modelos que permitan remunerar os artistas sen carregar excesivamente o público.
En cada actuación da xira “Banda Larga” unha voz por altifalante recomenda aos ouvintes filmaren e fotografaren o espectáculo e descargalo na páxina de Gilberto Gil.

Share

Comments are closed.