Alfredo Ferreiro, Entrevistas, Poesia

Na nosa literatura hai moitas fraudes, segundo Luís G. Tosar

Entrevista de Galicia-Hoxe.com a Luis G. Tosar (1952): «[…]- ¿Viven as letras galegas ese esplendor do que tanto se fala?

Lu�s G. Tosar– Non exactamente. Hoxe faise boa literatura en galego, pero non todos os que escriben en galego acadan o nivel de coñecemento e enraizamento da lingua que se lle esixe a calquera escritor doutro idioma. Ser escritor hoxe en Galicia resulta relativamente fácil. Hai moitas voces, pero a maior parte delas, desgrazadamente, descoñecen o cerne da lingua, a súa alma, o xenio da palabra. Claro que, para que haxa unha boa obra en calquera xénero, non só non abonda con que a obra estea ben escrita, porque unha cousa é a literatura e outra moi distinta a escrita. E, precisamente, ese carácter vangardista que debe ter toda a literatura permite que algúns e algunhas queiran darnos gato por lebre.

– Vostede forma parte da Xeración dos 80. ¿Segue a ser poeta ou considera que este silencio é unha forma de autoexclusión?

– Historicamente, a poesía é o xénero máis cultivado na nosa literatura, pero tamén o máis difícil. Existe, incluso entre os partícipes do que algúns denominan literatura galega, unha especie de prevención contra os poetas. Isto vivino eu con algúns amigos que teñen un nome e unha obra. Penso que é algo inxusto, moi inxusto. Estes prexuízos contra os poetas, que ás veces trascenden á sociedade, son absurdos e deben ser eliminados. Eu empecei sendo poeta e sigo a ser poeta, aínda que traballei arreo para gañar esa consideración. Déixanme atónito algúns autores de onte, das xeracións máis novas, que, cegados pola vaidade, pretenden ser famosos porque publican un artiguiño ou porque teñen un par de libros de poemas. Ese non é o camiño. O camiño está na resistencia, na superación e nese estremecemento vital que leva a un escritor a estar sempre inseguro. Hoxendía, os deuses literarios conságranse, por desgraza, fóra do que é a boa ou mala literatura. Este tinglado, esta montaxe mediático-improvisadora, é a que acaba coa literatura. […]»

Share
Standard