Novo número de Protexta, suplemento da TN

Protexta 03O número de agosto da Protexta, o terceiro deste suplemento da revista Tempos Novos, demorouse un bocadiño este verán e no interim abandonou a coordinación Xavier Cid. Mudanzas a causa das tentativas non atoparen consolidación nas primeiras fórmulas dos proxectos, probabelmente porque moitos deles implican a moita xente con compromisos ás veces vagos. Non é de estrañar que isto aconteza entre a xente creativa, porque contra unha actitude pesimista moi común de non acreditar nas propias forzas ou desconfiar dos intereses alleos (tantas veces considerados ilícitos), outros aplicamos aos poucos recursos a máxima ambición no que a calidade di respecto. Na realidade non coñezo os motivos destas mudanzas no suplemento, mais en todo o caso entendo que no noso contexto cultural unha iniciativa como a Protexta é louvábel por todos os que amamos os libros en xeral e a literatura galega en particular. Que quede clara a miña postura: ser louvábel como proxecto non significa que llo debamos a un ente abstracto e inmaterial, senón que debemos recoñecerlle o mérito a todos aqueles que desde o inicio o alimentaron co seu esforzo como tamén aos que agora continúan a acreditar nel. Os meus parabéns a todos e todas os que contribuíron a que fose unha realidade.

No número de agosto non deixou de presentar o suplemento substanciosos materiais: unha entrevista moi suculenta (tanto nos contidos como nas actitudes) de Cid a Teresa Moure, outra de Iago Martínez a Cristina Peri Rossi, críticas de narrativa (todas as idades e varias linguas), de ensaio, de obras sobre arte, tecnoloxía e non demasiadas sobre poesía: a de Teresa Seara (“Bonecas de porcelana”) sobre o libro Ortigas de Xiana Arias e a miña (“Un anxo delincuente”) sobre un libro (Antecedentes criminais) que recolle unha antoloxía persoal do portugués Amadeu Baptista.

Poucas publicacións vexo con esta ambición: poñer na rúa 40 páxinas de crítica de libros dunha perspectiva o máis variada posíbel. Oxalá se consoliden propostas deste tipo, que tanto precisamos para que a nosa cultura poda dicirlle á sociedade que aínda está vixente e ten moita leira por labrar.

Share

6 comments to Novo número de Protexta, suplemento da TN

  • Paladís

    Prégolle aos responsables de “Protexta” que se poñan en contacto conmigo. Son un crítico literario dende hai moitos anos e cunha morea de libros analizados e valorados. Gostaríame colaborar, na medida das mmiñas posibilidades neste envexable proxecto.Pido unicamente que manden ao meu correo, un número de teléfono ou un correo electrónico que me permita contactar con eles.
    F.M.B

  • Confeso que por Xabier Cid sinto debilidade afectiva. A entrevista chocoume, pero tamén coñezo a aprte do entrevistado, que admira a Teresa Moure e sentiu a súa enorme vitalidade. POndal, por outra parte, é tan criticable coma o común dos mortais e cómpre recoñecer que ten poemas terribles, terribles.

  • bastonada

    Ainda?

    Não vai haver nenhum negócio para o crioulo. A não ser que o “negócio” seja trabalhar por “hobby”.

  • Se me permites unha broma, Peke, diría que é unha entrevista “catastrófica”. O entrevistador pretendía ser ocorrente e penetrante con alguén de quen esperaba sobresaíse polo seu marcado carácter, mais con solidez. O que atopou, ao meu ver, foi unha persoa que se sentiu atacada e dun modo instintivo pechouse e mostrouse zangada. Dá a impresión de que os comentarios que Cid lle pon sobre a mesa como resumo dunha especie de inquérito popular teñen un efecto de inseguranza na entrevistada que a molestou enormemente. Ao tempo, as súas opinións en que defende o valor positivo das catástrofes para a consecución da tal revolución, ou sobre o sistema literario que aínda non comprende (entendendo por tal non se sabe ben que cousa negativa que debe combater), son como mínimo sorprendentes; mais en ningún caso grandes argumentos. Como se o feito de que sexa portada do Protexta con entrevista de seis páxinas, ou o ter atinxido non sei cantas edicións da tal novela, ou o ter obra elevada a libro de texto na Universidade de Córdoba non tivese a ver co sistema literario!

    Ernesto: tamén é esa a cuestión, mais os editores, quer dicir, os axentes do sistema literario que contan diñeiros, aseguran que non hai negocio real aínda, e portanto non poden levar o rendemento económico alén de súa estrita área profesional.
    Canto ao Cid, estou certo que foi el o autor do texto que ti citas.

  • Ernesto

    Dinheiro, profissionalização. Pagar pelos trabalhos e os projectos. Entanto não haja nada disso e o pessoal continue a fazer por “hobby” não pode haver qualquer uma sereiedade nem sonhar continuidades.

    Saúde,

    Ernesto

    P.S. Por certo, esse Xabier Cid era aquele tipo que escreveu gratuitamente em Vieiros que Pondal escrevia estrofes protofascistas e ainda não demonstrou?

  • E que che pareceu a entrevista a Teresa Moure?