Marcos Calveiro gaña o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil

rinocerontes.jpgA semana pasada a novela O Carteiro de Karrada de Marcos Calveiro gañou o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil , un premio para obras en galego, éuscaro, catalán e castelán.

O autor que tanto celebramos coa publicación de Rinocerontes e quimeras, despois da escrita meiga de Sari, soñador de mares, faise merecedor dun premio prestixioso como poucos. Teña os nosos parabéns o autor, mentres nós ficamos coa satisfacción que nos produce ver recoñecidos o esforzo e o talento.

Share

4 comments to Marcos Calveiro gaña o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil