Alfredo Ferreiro, Críticas e referências

I Xornada sobre crítica literaria

Mañá estarei aquí, na I Xornada da Crítica galega, para logo tentar dar noticia do que por alí se dixo, nomeadamente da actual situación do sistema literario. Comezará ás 10:00 horas e será no Consello da Cultura Galega, acarón da grande catedral.
AELG: «A I Xornada da Crítica Galega, unha iniciativa que a Aelg, a través da súa Sección de Crítica, bota a andar este ano coa colaboración do Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear un foro de reflexión sobre a crítica literaria, tan importante para a normalización do noso sistema literario.
Foi concibida como un primeiro encontro entre profesionais diversos do mundo da crítica para iniciar unha reflexión acerca da situación da crítica literaria en Galicia nas súas diferentes manifestacións.
Esta primeira Xornada, dirixida a todas aquelas persoas relacionadas co mundo da crítica literaria e cos escritores en xeral, quere ter en conta a actividade crítica que se está a desenvolver hoxe no marco peninsular, e para iso contará con representantes da crítica galega, catalá, vasca, española e portuguesa. O encontro ten ademais como obxectivo crear un foro de debate sobre a crítica literaria galega que reúna todas aquelas persoas que a estean a exercer nos diferentes ámbitos, para debateren os seus principais problemas e acadar un maior grao de recoñecemento e profesionalización das súas actividades.»

Share
Standard

3 thoughts on “I Xornada sobre crítica literaria

  1. Agradézolle tanta espectación, Peke, e confírmolle que é moito realmente o que teño que contar. Estiven no Obradoiro (Pazo de Raxoi e proximidades) desde as 9:30 ás 17 horas e pódolle garantir que foron moitas cousas as que pola miña cabeza pasaron, e moitas delas puiden gravalas en vídeo. Estou a ver que se pode aproveitar e que forma final somos capaces de darlle.
    O evento pareceume moi fructífero, desde logo, porque supuxo a concreción dunha auténtica vontade de organizar o traballo crítico galego para que cumpra a función axeitada dentro dun sistema literario que desexa funcionar, embora sexa con especificidades, nun ambiente de sensata normalidade. As sesións de diálogo foron, pola súa banda, ricas en opinións e puntos de vista, moitas veces contrarios, o que ofreceu unha idea de pluralidade moi interesante para unha I Xornada que podía ter sido insulsa, e de contida toma de posicións. Como ve, todo o contrario: todo o que quixo puxo as súas opinións enriba da mesa, e coa vontade incisiva que considerou mellor, dentro da debida consideración. Non sei como hei de reflectir tanta cousa nun post, mais en breve tentarei facelo.

  2. Agardo expectante a súa crónica. Quería ir, pero coa vía do Barbanza cortada non me atrevo a ir soa pola estradiña comarcal. 😉

Comments are closed.