Xavier Alcalá: “Aquí o que se mira é de quen é a obra, non a obra”

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=2295414310862763843&hl=es" width="320" height="240"/]

O día 24 de outubro Xavier Alcalá participou como escritor convidado na inauguración n’ A Coruña do segundo ciclo de conferencias “Escritores na Universidade” organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración das tres universidades galegas. Presentou o acto o reitor José María Barja e a seguir interviron a decana da Facultade de Filoloxía Teresa López e o directivo da AELG Henrique Rabuñal, todos se felicitando do inicio dun ciclo que pretende aproximar os escritores galegos dos alunos universitarios.

Alcalá fixo gala da súa sempiterna xuventude. Non só demostrando que permanece no seu espírito a mesma capacidade de reflexión e ansia de mellora persoal —así como do sistema literario— que o caracteriza desde hai máis de vinte anos (atrévanse os cerebros novos máis críticos a ler Tertulia (1985), “e verán o que verán”), senón tamén anunciando que está disposto a pór toda carne na grella da era das comunicacións. Para a divulgación da súa obra e exemplo perene perante as atitudes máis dubitativas, medoñas ou declaradamente pesimistas.

O primeiro é esforzarse nos proxectos propios, e logo acreditar no interese que han suscitar no sistema literario. Isto foi o que dixo Alcalá implicitamente cando oficialmente apresentou o seu novo espazo web, proxecto en que temos a honra de colaborar e agora xa desfrutamos dunha perspectiva que partillamos cento por cento: un espazo versátil, unha plataforma clara e unha visión pragmática que pon en foco o valor incontestábel dos contidos.

Share

4 comments to Xavier Alcalá: “Aquí o que se mira é de quen é a obra, non a obra”

  • As metáforas que utilizas son moi oportunas, desde logo. Acontece que algúns estamos por desenvolver unha divulgación cultural que precisamos para optimizar toda a creatividade que temos, creando industria cultural en dúas direccións: traballando profesionalmente e ao tempo promovendo as expectativas do público interno potencial. A creación de redes socio-culturais é a fórmula de hoxe, e o facto de sermos un pequeno país favorece as posibilidades de organización. Vexo todo isto con optimismo.

  • levita

    Ante a crise de asistencia que últimamente semella inzar as conferencias non medíáticas, esta opción semella moi axeitada, para non tirar o traballo do conferenciante e acadar unha maior difusión. Botar a botella coa mensaxe na auga é o optimo, abandoala no deserto require un miragre para a súa recepción, os miragres son marvillosos, pero inxustos, arbitrarios, favoritistas, non hai ningunha necesidade neles, senón capricho do azar ou megalomanía dun deus no que se comenzaría a descrer se lle cumpre o desexo a outro que o merece tanto ou menos que un.
    O deserto é coce os sesos e so o contan quen sae del, os demais quedaron, quedan, quedarán covertidos en graos de area por toda a eternidade. O esforzo intelectual, é un esforzo comunicativo, cheo de ideal e a frustración sentalle mal, moi mal, tan mal que chega a enmudecer abrasandoselle a lingoa, saindo cinza en vez de palabras

  • A mágoa, Levita, é que se escoite tan mal. Un acto nun lugar ben provisto como ese pode funcionar ben perante os espectadores da sala mais non permite gravar un video sixelo para a Rede. Entón resaltan os problemas non resoltos como a falta de xestión técnica do evento: os microfones estaban mal regulados e a conexión inalámbrica á rede non permitiu descarregar a páxina que Alcalá apresentou. Iso deixa patente que a falta de coordinación na xestión cultural non permite optimizar os recursos de que dispoñemos. Iremos aprendendo polo camiño.

  • Levita

    Presta encontrar unha conferencia así, colgada.