Alfredo Ferreiro, Breves, Poesia

A poesía cotiza á alza n’ A Coruña e Sarria

Estivemos onte na presentación de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño, XV Premio de Poesía Espiral Maior. Foi no espazo de Ámbito Cultural de El Corte Inglés que, en presenza da autora premiada, críticos, editores, escritores, medios e un numeroso público, o ser director, Ramón Pernas, anunciou un novo aumento da dotación do premio, que o ano próximo atinxirá os 15.000 euros. Así, o Premio de Poesía Espiral Maior, que coñeceu un apoio económico decisivo de Ámbito Cultural desde a súa 14ª edición, de novo se destaca no contexto galego como o de maior valor económico. Mesmo a nivel estatal, poucos son valorizados con esta rotundidade, tanto na poesía canto noutras áreas da escrita. En breve publicaremos imaxes do evento.

No mesmo acto, por outra parte, celebramos a noticia que nos deron os amigos da A. C. Ergueitos sobre o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño: o Concello de Sarria aposta vigorosamente polo xénero e eleva a contía do premio de 3.000 a 6.000 euros.

A. F.

Share
Standard