Poesia, Tati Mancebo, Vídeos

Estíbaliz Espinosa na Sargadelos d’ A Coruña

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=5201296164561993161&hl=es" width="320" height="240"/]

O pasado “martes literario” da Galería Sargadelos d’ A Coruña asistimos ao recital de Estíbaliz Espinosa, unha artista multifacética como poucas. Falou estensamente do sentido que ela outorga á escrita poética e entregouse nun recital moi persoal, imprimindo a carga de orixinalidade que habitualmente consegue nas súas intervencións: teorizou, recitou, requiriu a colaboración do público e fíxonos un regalo final que só unha artista de tan amplos recursos como ela pode ofrecer.

T. M.

Share
Standard

4 thoughts on “Estíbaliz Espinosa na Sargadelos d’ A Coruña

  1. Hormiga:
    Teño para min que o Google Video funcionou de maneira estraña esta temporada. Este vídeo foi editado de igual modo que os outros, e desde o inicio deu máis problemas que os demais. Sen saber ben por que, agora debe ir mellor. Para min aínda é un misterio o que puido acontecer.

  2. Tiña moitas ganas de ver o video pero xa tiña desistido polo moito que se atascaba. Vexo que lle baixasteis a resolución ou que algo fixeches para que xe poda escoitar con fuidez. Agora xa podo ver todos. Grazas, porque estas gravacións veñen moi ben para quen no se pode achegar a estes actos.

  3. Pingback: Calidonia » Arquivo do blog » Declárome estibalista

Comments are closed.