Presentación d’ O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-6675543500150853542&hl=es" width="320" height="240"/]

O mércores pasado, unha vez demos por finalizada a última sesión ao vivo das I Xornadas Virtuais de Literatura da AELG, tamén realizadas desde a Biblioteca Nodal d’ A Coruña Miguel González Garcés, fíxose a presentación pública do novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz O único que queda é o amor. Despois das palabras iniciais da directora da biblioteca, Laura González-Garcés, e do director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, o acto ofreceu a eficiente e agradábel configuración dun diálogo lúcido co autor. Neste contexto, Óscar Sánchez, como agudo entrevistador inquiriu un solícito Agustín Fernández que saciou plenamente a nosa curiosidade sobre o que el pensa da obra en cuestión e do oficio de escritor, describindo mesmo abondosas anécdotas persoais. Un verdadeiro luxo para os que gustamos de reflectir sobre as fórmulas que fan dunha obra un referente inexcusábel do sistema literario.

Share

Comments are closed.