Brumario, de Ramón Pernas

“Pues claro que fui feliz. Fue un anhelo constante buscar y encontrar la felicidad a la que nunca puse paréntesis ni puntos finales, por mucho que el dolor o el sufrimiento quisieran detenerse en mi vida. En el balance de todos los días vividos, en el recuerdo de los días imaginados a los que me obliga ahora el mecanismo desajustado de mi cabeza, encuentro los más bellos recuerdos, nítidos, con la intensidad de la luz, de los días luminosos. La memoria se despereza como el día cuando nace, encendiendo todos los colores del paisaje, colocándolos en su lugar. Los verdes en los campos, el azul cobalto en la mar, los grises dorados en el cielo, así uno por uno se van asentando y componiendo el cuadro, el mosaico, la fotografía feliz de los tiempos de la dicha.”

Ramón Pernas, Brumario.

Así é Timón, un home que se dedicou á procura e que nela atopou o verdadeiro e duro sentido da vida. Agora, xa vello e finalmente asentado e cercado pola desaparición de todo o que coñeceu e amou, esquece os acontecementos máis recentes e continúa unha incesante procura de respostas nas súas lembranzas máis remotas. Son as súas lembranzas, pois, as pezas que compoñen a persoa que foi e que se achega ao lector como un puzle sonoro que desaparecerá cando el o faga, cando o libro remate, cando xa ninguén o lembre, do mesmo modo que, de forma involuntaria, o propio Timón levará consigo a todos aqueles que xa só habitan no seu pensamento.

Brillante e polido relato de tres xeracións truncadas por distintos motivos, retratadas desde múltiple punto de vista da senectude. Os diferentes graos de obxectividade sobre un mesmo asunto, desenvolvidos a través de tres personaxes en The Sound and the Fury, de W. Falukner, conflúen na novela de Pernas nun único protagonista omnisciente que, á maneira dos narradores de Poe, se atribúe por veces problemas de memoria e noutras ocasións se impón o deber de non ofrecer máis que a referencia exacta que o poder da súa obxectividade lle outorga. Cal debemos crer? Ambos e ningún: a esencia da vida está na propia vida, o propio camiñar encerra o sentido do camiño, no acto de contar unha historia, sempre e cada unha das veces irrepetíbel, atópase o significado da propia historia.

T. M.

Share

Comments are closed.