A Xosé María Álvarez Blázquez

O mestre

O mestre observa o mundo da cima da montaña dos seus ollos.

Ás veces, palpita na súa man o tempo, a morte de alguén con pasos apresados, que el coñece no cheiro a zapatos mollados. É entón que prepara a súa mala: por fóra o coiro, por dentro a súa mirada gardada.

A dirección do ar indica o lugar
da casa inutilmente construída.
Chega cedo —antes do que a morte sempre é cedo—
en forma de muller o mestre a esta ruína
e pola alquimía dun xesto
nos lenzois transparece un tesouro nunca aberto.

Nota: Quero hoxe dedicar este antigo poema á memoria de Xosé María Álvarez Blázquez. A. F.

Share

2 comments to A Xosé María Álvarez Blázquez