A casa da luz comezou a filmarse

Confírmanos o noso carísimo amigo Xabier P. Docampo que A casa da luz comezou a camiñar en carne e óso para a rodaxe do filme homónimo. A idea inicial, que naceu para facerse fotograma a fotograma, tivo de nacer inicialmente en papel en galego, castelán e catalán, mais finalmente, ao cabo de case dez anos cumprirá o seu destino estético primixenio. Habemos de seguir o percurso da rodaxe através do blogue do Xabier, que ilusionado non perderá a interpretación que da historia en imaxes parirá Carlos Amil.

Share

4 comments to A casa da luz comezou a filmarse